Miranda analiza co vicepresidente do Centro Español del Perú a situación da comunidade galega neste país

Antonio Rodríguez Miranda e Gustavo Pacheco, na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Antonio Rodríguez Miranda e Gustavo Pacheco, na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede de Mazarelos, ao vicepresidente do Centro Español del Perú, Gustavo Pacheco, con quen analizou a situación da colectividade española neste país americano, e en concreto, da comunidade galega.

O obxectivo do encontro foi coñecer as necesidades deste colectivo para continuar a apoiar a quen se atopa nunha situación máis complexa, así como continuar a promocionar e difundir a nosa cultura neste país. Na actualidade, en Perú residen preto de 28.000 cidadás e cidadáns españois, dos que 1.464 son galegos. 

335 lecturas