As persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España sitúanse en 1.604.138 en marzo
A afiliación aumenta este mes en 7.746 persoas, o 0,49% respecto a febreiro.
En Galicia contabilizáronse 31.497 persoas de nacionalidade extranxeira afiliadas á Seguridade Social, 128 menos (un -0,40 %) que no mes de febreiro.
A nivel provincial, encabeza a listaxe A Coruña (11.573 persoas afiliadas), seguida moi de preto por Pontevedra (11.226), e péchana Lugo (4.615) e Ourense (4.082).
En canto ao seu lugar de orixe, na nosa comunidade o continxente de máis relevancia cuantitativa represéntano as e os nacionais portugueses (6.920 persoas), seguidos moi de lonxe polas e polos procedentes de Romanía (2.185), Colombia (2.101), Brasil (2.046), Perú (1.538), Marrocos (1.444) e China (1.390).
A afiliación á Seguridade Social de cidadás e cidadáns estranxeiros aumentou en marzo de 2013 en 7.746 ocupados e ocupadas, o que equivale ao 0,49%. En termos anuais, a evolución da taxa de afiliación de persoas de procedencia estranxeira continúa sendo negativa e por enriba da do total de persoas empregadas.
A variación anual entre o colectivo rexistrou un retroceso do -5,12% fronte ao -4,27% do conxunto do Sistema. Ambos os dous indicadores revelan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores, no sentido de que a perda de emprego continúa afectando con maior intensidade ás e aos traballadores estranxeiros que ás e aos nacionais.
Baleares e Andalucía, son as comunidades que rexistran o maior incremento intermensual, o 6,78% e o 2,75%, respectivamente; Cantabria (1,03%), Cataluña (0,47%), a Comunidade Valenciana (0,03%) e Madrid (0,01%), tamén rexistran valores positivos.
O balance xeral de marzo reflicte que do total de persoas estranxeiras afiliadas, 1.604.138, 998.657 procedían de países de fóra da Unión Europea. O resto, 605.481 persoas, de países comunitarios.
Por réximes, a maioría das e dos afiliados estranxeiros está encadrados no Réxime Xeral: 943.184 traballadores e traballadoras, dato que non inclúe o Sistema Especial Agrario (212.992) e o de Hogar (228.299); ségueo o de Autónomos, con 214.863; o Réxime Especial do Mar, 4.437 e o do Carbón que rexistra 363 ocupados.
Cataluña é a comunidade autónoma con maior número medio de persoas afiliadas estranxeiras, con 351.605 traballadores e traballadoras (21,92%), seguido da Comunidade de Madrid, con 346.495 (21,60%); Andalucía, con 211.338 (13,17%); e a Comunidade Valenciana, con 170.164 (10,61%).
Por sexos, da cifra total de 1.604.138 afiliados, 844.213 son homes e 759.924 mulleres.
Fonte e foto: Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Novas relacionadas




