As persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España sitúanse en 1.663.674 en novembro

A afiliación baixa en 38.201 persoas, o -2,24% respecto a outubro.

En Galicia son 33.564 as persoas de nacionalidade estranxeira afiliadas.

Na nosa comunidade o dato é mellor que o do conxunto do estado, xa que a baixa quédase no 1,46 %.

Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 18 de decembro de 2012.

A afiliación á Seguridade Social de cidadás e cidadáns estranxeiros descendeu no mes de novembro en 38.201 persoas ocupadas, o que equivale a un -2,24%. En termos anuais, a evolución da taxa de afiliación de persoas de procedencia estranxeira continúa sendo negativa e moi por enriba da do total de persoas empregadas.

A variación anual entre o colectivo rexistrou unha baixada do -5% (-87.623 fronte ao -4,16% do conxunto do Sistema). Ambos os dous indicadores revelan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores, no sentido de que a perda de emprego está a afectar con maior intensidade ás e aos traballadores estranxeiros que ás e aos nacionais.

O balance xeral de novembro reflicte que do total de persoas estranxeiras afiliadas, 1.663.674, 1.042.276 procedían de países de fóra da Unión Europea. O resto, 621.398 persoas, de países comunitarios.

Por réximes, a maioría das e dos afiliados estranxeiros está encadrados no Réxime Xeral: 991.520 traballadores e traballadoras, dato que inclúe o Sistema Especial Agrario (227.662) e o de Fogar (223.206); ségueo o de Autónomos, con 215.675; o Réxime Especial do Mar, 4.650 e o do Carbón que rexistra 492 persoas ocupadas.

Cataluña é a comunidade autónoma con maior número medio de afiliadas e afiliados estranxeiros, con 365.604 traballadores e traballadoras (21,98%), seguida da Comunidade de Madrid, con 358.898 (21,57%); Andalucía, con 207.381 (12,47%); Comunidade Valenciana, con 183.955 (11,06%); e Canarias, con 79.094 (4,75%).

Por sexos, da cifra total de 1.663.674 persoas afiliadas, 888.549 son homes e 775.124 mulleres.

 

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguriadad Social

949 lecturas