As persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España sitúanse en 1.596.391 en febreiro

En Galicia, ao contrario que a media do estado, o dato é positivo: se no conxunto de España a afiliación baixa en -3.964 persoas, o -0,25% respecto a xaneiro, na nosa comunidade sobe nun +0,08%.

Por xéneros, das 31.624 persoas afiliadas na nosa comunidade, 17.115 son homes (o 54,12 % do total) e 14.510 mulleres (o 45,88 % do total).

No que á súa procedencia se refire, o 60,06 % das persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social residentes en Galicia procede de países extracomunitarios. O 39,94 % restante procede de países da Unión Europea.

En Galicia contabilizáronse 31.624 persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en febreiro, un +0,08 % respecto xaneiro.
En Galicia contabilizáronse 31.624 persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en febreiro, un +0,08 % respecto xaneiro.
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 21 de marzo de 2013.

A afiliación á Seguridade Social en España de cidadás e cidadáns estranxeiros descendeu en febreiro de 2013 en 3.964 ocupados e ocupadas, o que equivale ao -0,25%. En termos anuais, a evolución da taxa de afiliación de persoas de procedencia estranxeira continúa sendo negativa e por enriba da do total de persoas empregadas.

A variación anual entre o colectivo rexistrou un retroceso do -5,06% fronte ao -4,42% do conxunto do Sistema. Ambos os dous indicadores revelan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores, no sentido de que a perda de emprego está a afectar con maior intensidade ás e aos traballadores estranxeiros que ás e aos nacionais.

Hai que sinalar que na provincia de Huelva a campaña de recollida do amorodo reflíctese nun aumento mensual do 16,75% na afiliación ao sistema. Outras comunidades autónomas como Baleares tamén reflicten valores positivos tanto en taxa mensual (2,92%) como anual (0,09%).

O balance xeral de febreiro reflicte que do total de estranxeiras e estranxeiros afiliados, 1.596.391, 995.890 procedían de países de fóra da Unión Europea. O resto, 600.502 persoas, de países comunitarios.

Por réximes, a maioría das e dos afiliados estranxeiros está encadrados no Réxime Xeral: 937.879 traballadores e traballadoras, dato que non inclúe o Sistema Especial Agrario (214.504) e o do Fogar (226.558); ségueo o de Autónomos, con 212.907; o Réxime Especial do Mar, 4.110 e o do Carbón que rexistra 434 persoas ocupadas.

Cataluña é a comunidade autónoma con maior número medio de afiliadas e afiliados estranxeiros, con 349.977 traballadores e traballadoras (21,92%), seguido da Comunidade de Madrid, con 346.477 (21,70%); Andalucía, con 205.688 (12,88%); e a Comunidade Valenciana, con 170.116 (10,66%).

Por sexos, da cifra total de 1.596.391 persoas afiliadas, 845.319 son homes e 751.072 mulleres.

 

Fonte e foto: Ministerio de Empleo y Seguridad Social

969 lecturas