As persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España sitúanse en 1.645.851 en decembro

A afiliación baixa en 17.823 persoas, o -1,07% respecto a novembro.

En Galicia son 32.660 as persoas de nacionalidade estranxeira afiliadas.

Por xéneros, na nosa comunidade hai 17.645 homes afiliados (o 54,02 % do total) e 15.105 mulleres (o 45,98 % do total).

No que á súa procedencia se refire, o 60,50 % das persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social residentes en Galicia procede de países extracomunitarios. O 39,50 % restante procede de países da Unión Europea.

Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 24 de xaneiro de 2013.

 A afiliación á Seguridade Social de cidadás e cidadáns estranxeiros descendeu no mes de decembro en 17.823 persoas ocupadas, o que equivale a un -1,07%. En termos anuais, a evolución da taxa de afiliación de persoas de procedencia estranxeira continúa sendo negativa e moi por enriba da do total de persoas empregadas.

A variación anual entre o colectivo rexistrou unha baixada do -5,35% (-93.071) fronte ao -4,57% do conxunto do Sistema. Ambos os dous indicadores revelan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores, no sentido de que a perda de emprego está a afectar con maior intensidade ás traballadoras e aos traballadores estranxeiros que ás e aos nacionais.

O balance xeral de decembro reflicte que do total de estranxeiras e estranxeiros afiliados, 1.645.851, 1.032.953 procedían de países de fóra da Unión Europea. O resto, 612.898 persoas, de países comunitarios.

Por réximes, a maioría das e dos afiliados estranxeiros está encadrados no Réxime Xeral: 971.809 traballadores e traballadoras, dato que inclúe o Sistema Especial Agrario (229.223) e o do Fogar (225.159); ségueo o de Autónomos, con 215.065; o Réxime Especial do Mar, 3.764 e o do Carbón que rexistra 470 persoas ocupadas.

Cataluña é a comunidade autónoma con maior número medio de persoas afiliadas estranxeiras, con 360.937 traballadores e traballadoras (21,93%), seguido da Comunidade de Madrid, con 355.581 (21,60%); Andalucía, con 209.116 (12,71%); Comunidade Valenciana, con 182.813 (11,11%); e Canarias, con 78.697 (4,78%).

Por sexos, da cifra total de 1.645.851 persoas afiliadas, 879.052 son homes e 766.798 mulleres.

 

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social

868 lecturas