As persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España sitúanse en 1.600.355 en xaneiro

A afiliación baixa en 45.495 persoas, o -2,76% respecto a decembro de 2012.

En Galicia hai 31.600 traballadoras e traballadores de nacionalidade estranxeira afiliados.

A nivel provincial, encabeza a listaxe A Coruña (11.569 persoas afiliadas), seguida moi de preto por Pontevedra (11.251), e péchana Lugo (4.648) e Ourense (4.132).

En canto ao seu lugar de orixe, na nosa comunidade o continxente de máis relevancia cuantitativa represéntano as e os nacionais portugueses (6.979 persoas), seguidos moi de lonxe polas e polos procedentes de Romanía (2.188), Colombia (2.160), Brasil (2.080), Perú (1.535), China (1.425) e Marrocos (1.419).

As persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España sitúanse en 1.600.355 en xaneiro
As persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España sitúanse en 1.600.355 en xaneiro
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 21 de febreiro de 2013.

 A afiliación á Seguridade Social de cidadás e cidadáns estranxeiros descendeu no primeiro mes de 2013 en 45.495 ocupados e ocupadas, o que equivale ao -2,76%. En termos anuais, a evolución da taxa de afiliación de persoas de procedencia estranxeira continúa sendo negativa e moi por enriba da do total de empregados e empregadas.

A variación anual entre o colectivo rexistrou unha baixada do -5,31% (-89.831) fronte ao -4,59% do conxunto do Sistema. Ambos os dous indicadores revelan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores, no sentido de que a perda de emprego está a afectar con maior intensidade ás  traballadoras e aos traballadores estranxeiros que ás e aos nacionais.

Hai que sinalar que na provincia de Xaén a campaña de recollida da oliva se produciu en xaneiro e non no mes de decembro, o que fixo que a comparación interanual non sexa homoxénea e bote unha taxa inusual (-50%).

O balance xeral de xaneiro reflicte que do total de persoas estranxeiras afiliadas, 1.600.355, 1.001.609 procedían de países de fóra da Unión Europea. O resto, 598.746 persoas, de países comunitarios.

Por réximes, a maioría das e dos afiliados estranxeiros está encadrados no Réxime Xeral: 939.553 traballadores e traballadoras, dato que non inclúe o Sistema Especial Agrario (218.729) e o de Fogar (224.429); ségueo o de Autónomos, con 213.435; o Réxime Especial do Mar, 3.764 e o do Carbón que rexistra 470 persoas ocupadas.

Cataluña é a comunidade autónoma con maior número medio de afiliados e afiliadas de nacionalidade estranxeira, con 351.022 traballadores e traballadoras (21,93%), seguido da Comunidade de Madrid, con 347.571 (21,72%); Andalucía, con 203.675 (12,73%); Comunidade Valenciana, con 173.465 (10,84%); e Canarias, con 78.832 (4,86%).

Por sexos, da cifra total de 1.600.355 persoas afiliadas, 850.717 son homes e 749.638 mulleres.

 

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social

1004 lecturas