As persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España sitúanse en 1.701.875 en outubro

En Galicia son 34.061 as e os estranxeiros afiliados.

As persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España sitúanse en 1.701.875 en outubro
As persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España sitúanse en 1.701.875 en outubro
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 20 de novembro de 2012.

A afiliación á Seguridade Social de cidadás e cidadáns estranxeiros descendeu no mes de outubro en 26.961 ocupados e ocupadas, o que equivale a un -1,56%. En termos anuais, a evolución da taxa de afiliación de persoas de procedencia estranxeira continúa sendo negativa e moi por enriba da do total de persoas empregadas.

A variación anual entre o colectivo rexistrou unha baixada do -4,68% (-83.487) fronte ao -3,59% do conxunto do Sistema. Ambos os dous indicadores revelan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores, no sentido de que a perda de emprego está a afectar con maior intensidade ás e aos traballadores estranxeiros que aos nacionais, mesmo tendo en conta que é a época de actividade no sector agrario.

Hai que destacar a suba intermensual de persoas afiliadas na provincia de Segovia, un 25,52%, debido ao comezo da campaña do plantón do amorodo.

O balance xeral de setembro reflicte que do total de estranxeiras e estranxeiros afiliados, 1.701.875, 1.059.495 procedían de países de fóra da Unión Europea. O resto, 642.380 persoas, de países comunitarios.

Por réximes, a maioría das persoas afiliadas estranxeiras está encadradas no Réxime Xeral: 1.031.226 traballadores, dato que inclúe o Sistema Especial Agrario (228.716) e o de Fogar (218.805); ségueo o de Autónomos, con 217.125; o Réxime Especial do Mar, 4.837 e o do Carbón que rexistra 502 persoas ocupadas.

Cataluña é a comunidade autónoma con maior número medio de afiliados estranxeiros e estranxeiras, con 374.261 traballadores e traballadoras (21,99%), seguido da Comunidade de Madrid, con 360.985 (21,21%); Andalucía, con 206.841 (12,15%); Comunidade Valenciana, con 175.519 (1031%); e Canarias, con 78.793 (4,63%).

Por sexos, da cifra total de 1.701.875 afiliados, 906.113 son homes e 795.761 mulleres.

 

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social

747 lecturas