Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
20Setembro2026Miranda: “Os centros galegos son a gran referencia viva da nosa terra e da nosa cultura polo mundo” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, eloxiou hoxe aos centros galegos como a gran referencia para difundir a identidade e a cultura galega por todo o mundo. Así o fixo hoxe en Bos Aires nunha reunión de traballo cos presidentes dos centros galegos de Arxentina, na que estivo acompañado polo delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro. No encontro, Miranda puido coñecer de primeira man o traballo e as... Máis información
-
20Setembro2026Miranda salienta a importancia de que a danza galega estea presente nas principais capitais do mundo audio O secretario xeral da Emigración asistiu á representación da peza de danza ‘Cicatriz’ no Teatro General San Martín, en Bos Aires, no que tamén participou o conselleiro cultural da Embaixada de España, Roberto Varela. Trátase dun espectáculo coproducido pola Xunta, a través do Centro Coreográfico Galego, e que chega a Bos Aires da man da Consejería de Cultura da Embaixada de España, co apoio da Secretaría. O secretario xeral da Emigración,... Máis información
-
20Setembro2026Miranda felicita o centenario da Asociación Finisterre en América, unha entidade “referente na historia da emigración galega na Arxentina” audio O secretario xeral da Emigración visitou a sede da Asociación o mesmo día que cumpre os cen anos da súa fundación. Reafirma o compromiso da Xunta por seguir apoiando á colectividade galega no exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro Dobarro, visitaron a Asociación Finisterre en América con motivo do seu centenario. Miranda quixo aproveitar a ocasión para darlle os seus... Máis información
-
19Setembro2026Miranda transmite o apoio da Xunta á colectividade galega no Uruguai audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro cos presidentes dos centros galegos de Montevideo. Esta reunión enmárcase na liña da Xunta por reforzar o traballo das entidades galegas do país, co apoio imprescindible da Delegación de Montevideo. O Centro Gallego de Montevideo é a entidade galega no exterior máis antiga do mundo. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, transmitiu o apoio da Xunta á colectividade galega... Máis información
-
18Setembro2026Miranda acompaña ás empresas e entidades galegas no Uruguai na Feira Expo Prado 2026 audio O secretario xeral da Emigración visitou o Pavillón de España na Feira Expo Prado 2026. Destaca o interese da Xunta por reforzar os vínculos comerciais e culturais co Uruguai. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola delegada da Xunta en Montevideo, Elvira Domínguez, visitou o Pavillón de España na Feira Expo Prado 2026 para acompañar aos representantes das empresas e entidades galegas alí presentes. Miranda... Máis información
-
18Setembro2026Miranda aposta pola colaboración coa Embaixada de España no Uruguai para responder mellor ás necesidades da colectividade galega no país audio O secretario xeral da Emigración reuniuse co ministro conselleiro da Embaixada, Carlos Domínguez, e co Cónsul Xeral de España no Uruguai, Juan Carlos Gafo. O 60% do total dos cidadáns españois no país son galegos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola delegada da Xunta en Montevideo, Elvira Domínguez, reuniuse esta mañá na Embaixada de España co Cónsul Xeral de España no Uruguai, Juan Carlos Gafo, e co... Máis información
-
16Setembro2026Miranda aborda co presidente da Feceve a situación da comunidade galega en Venezuela antes da súa viaxe ao país audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse esta mañá co presidente da Federación de Centros Españoles en Venezuela (FECEVE), Roberto González, na que analizaron a situación actual da colectividade española e galega no país, así como as necesidades máis urxentes no ámbito social, xusto antes da viaxe do secretario xeral a Venezuela. Durante o encontro, Miranda reiterou a total colaboración da Xunta de Galicia cos... Máis información
-
15Setembro2026O delegado da Xunta na Arxentina anima no Brasil a peregrinar a Galicia no próximo ano xacobeo audio Alejandro López Dobarro participou na XII edición do Encontro Nacional de Peregrinos no Brasil. Pon en valor a cultura xacobea como punto de unión entre persoas de todas partes do mundo. O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou na XII edición do ENAP, o Encontro Nacional de Peregrinos, que se celebrou en São Miguel das Missões, unha localidade de Rio Grande do Sul, no Brasil, entre os días 4 e 7 de setembro. Nela,... Máis información
-
14Setembro2026A colectividade galega no Uruguai festexa a Feria de Turismo 360 de Montevideo audio A primeira fin de semana de setembro, institucións galegas no Uruguai celebraron a Feria Internacional de Destinos Inteligentes, ou Feria de Turismo 360. Trátase dun encontro que reúne danza, gastronomía, canto e música de distintas rexións do mundo, e que tamén contou con representación da cultura e tradicións da nosa terra. A colectividade galega do país estivo acompañada nesta feira internacional pola delegada da Xunta no Uruguai, Elvira... Máis información
-
13Setembro2026A Xunta aposta pola colaboración para impulsar os lazos culturais e socioeconómicos entre Galicia e Asturias e as oportunidades que brinda esta unión audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou no acto de imposición de insignias de ouro e carnés de socios de honra da asociación Día de Galicia en Asturias González destaca o labor da asociación Día de Galicia en Asturias, que conmemora 31 anos de traxectoria a prol da difusión da idiosincrasia galega no Principado Refírese ao Camiño de Santiago como outro nexo de unión entre ambos territorios que fai que Oviedo e Santiago formen... Máis información
Páxinas |









