Novas
Buscador
-
Unha comedia recreará a vida da colonia galega en Estados Unidos.
13.01.2011
audio
O director Alber Ponte realizará a rodaxe da película Little Galicia en Nova Jersey, Ponte Ulla e probablemente en Lalín. En primavera, o director galego Alber Ponte empeza a rodaxe en Estados Unidos de Little Galicia, unha comedia que recreará a vida da colonia galega en Nova Jersey. Segundo o director, que tamén escribiu o guión, a película... Máis información
-
Un fillo de emigrantes á fronte da Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay
13.01.2011
audio
A asociación é a máis antiga en activo na diáspora española. Por primeira vez un descendente de emigrantes galegos ocupa o cargo de presidente da Asociación de Empresarios Gallegos de Uruguay (AEGU) coa elección de Jorge Expósito para suceder a César Antelo á fronte da organización durante o próximo bienio. A pesar dos poucos anos que leva como... Máis información
-
Feijóo sinala que Galicia é “un país de cultura” con espazo para unha Cidade da Cultura que apoie a difusión da obra dos creadores galegos.
12.01.2011
audio
No acto de inauguración da Biblioteca e o Arquivo da Cidade da Cultura, o titular da Xunta agradeceu aos Príncipes de Asturias, “que representan o futuro de España”, que avalen coa súa presenza “un proxecto de futuro” e un “icono útil para Galicia e para España porque é atraínte e admirable para o resto do mundo”. Di que “canto máis se coñece,... Máis información
-
Feijóo asegura que o comunicado da banda terrorista ETA “é insuficiente” e que a única saída posible é a súa desaparición.
11.01.2011
audio
O presidente da Xunta recalca que “a palabra dun terrorista ten pouco valor”. Amosa a súa preocupación porque o anuncio de ETA “non sexa un disfraz para tentar colarse nos concellos nas próximas eleccións municipais. Subliña o seu total respaldo e apoio ao Goberno de España e ás Forzas de Seguridade do Estado na loita, coa lei, contra o terrorismo... Máis información
-
Unha actriz galega triunfa en Irlanda.
11.01.2011
audio
Marián Araújo traballa en cine e televisión en Dublín, onde dirixe a súa propia compañía teatral. Marián Araújo Marcote foi emigrante dende pequena. O seu pai é de Cee, e a súa nai, de Corcubión. Pronto marchou a Valladolid, por motivos laborais paternos, e alí formouse como actriz na Escola de Arte Dramática. Con Teatro Corsario percorreu España... Máis información
-
Política Lingüística renova un convenio coa Universidade de Sao Paulo para a promoción do galego.
10.01.2011
audio
A institución brasileira promoverá a lingua e cultura de Galicia no seu ámbito académico e na súa área de influencia. A Universidade de Sao Paulo, en Brasil, renovou o seu convenio coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A institución brasileira promoverá a lingua e cultura... Máis información
-
Emigración mantén tódolos programas no exterior, e as contías das axudas individuais, malia a redución de orzamentos.
07.01.2011
audio
A Xunta lamenta que, a día de hoxe, se descoñeza o recorte que o Goberno Central aplicará ás políticas de integración dos inmigrantes. O auxilio a galegos da diáspora con necesidades urxentes ou con enfermidades crónicas é a prioridade do departamento que dirixe Santiago Camba. A desaparición da Fundación Galicia Emigración suporá un aforro neto... Máis información
-
A Biblioteca e o Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia abriranse ao público a partir do 12 de xaneiro, o día despois da súa inauguración oficial
05.01.2011
audio
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou que a inauguración dos dous primeiros edificios da Cidade da Cultura marcará un punto de inflexión e invitou a todos os galegos a “achegarse a coñecer e a sentir como propio un dos símbolos da Galicia do século XXI”. As persoas que o desexen poderán acceder a pé ou no seu vehículo á... Máis información
-
Feijóo cualifica a fusión das caixas, o diálogo social e o Xacobeo como “historias de superación, durante 2010, nas que podemos apoiar as nosas esperanzas en 2011”.
03.01.2011
audio
O presidente da Xunta afirma, na súa mensaxe de Fin de Ano desde a Cidade da Cultura que “é, a través dos feitos”, a mensaxe que Galicia envía a España e aos galegos. “Unha mensaxe de unidade, esforzo e compromiso”. “Neste mesmo mes de Nadal, Galicia ratificou a súa permanencia no mapa financeiro español. As dezasete comunidades autónomas queríano... Máis información
-
Notas importantes e Guía sobre as convocatorias de subvencións ás entidades galegas para o ano 2011.
03.01.2011
audio
Vense de publicar no noso portal www.galiciaaberta.com esta documentación de interese para as entidades galegas no exterior. Trata de axudar á cumprimentación das solicitudes de axuda, tramitación e no procedemento de xustificación das mesmas. Para os programas de Subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das... Máis información
Páxinas |