Notas importantes e Guía sobre as convocatorias de subvencións ás entidades galegas para o ano 2011.
Vense de publicar no noso portal www.galiciaaberta.com esta documentación de interese para as entidades galegas no exterior.
Trata de axudar á cumprimentación das solicitudes de axuda, tramitación e no procedemento de xustificación das mesmas.
Para os programas de Subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2011 (picar aquí para acceder) e Subvencións correspondentes aos programas de Apoio Infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2011 (picar aquí para acceder), que aparecen publicados no portal www.galiciaaberta.com na Sección "Actividade> Liñas de Axuda", ven de engadirse unha documentación de apoio que pretende facilitar ás entidades galegas do exterior todo o proceso de tramitación das axudas, e que os beneficiarios poden consultar e descargar na mencionada web.
Novas relacionadas



