Novas
Buscador
- Igualdade consolida o programa de colaboración coas entidades especializadas na atención a mulleres inmigrantes prostituídas 17.01.2013 audio O compromiso foi anunciado onte pola titular de Igualdade na xuntanza mantida coa presidenta de Cruz Vermella, entidade que participa na iniciativa. O programa, iniciado en 2010 no marco do protocolo de colaboración da Xunta coa Fiscalía Superior de Galicia, desenvólvese coa colaboración das nove entidades que traballan neste eido en Galicia. A... Máis información
- O secretario xeral da Emigración asiste á entrega ao Centro Galego de Barcelona da Medalla de Ouro da cidade 16.01.2013 audio A primeira viaxe institucional de Rodríguez Miranda será ás repúblicas de Arxentina e Uruguai, onde reside o maior continxente de galegos e galegas do Exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, estará presente mañá xoves na entrega da Medalla de Ouro ao Mérito Cívico que o Ajuntament de Barcelona vén de conceder ao... Máis información
- O talento galego alíase en Londres 15.01.2013 audio O galego Pablo Amade e a galega Belén Beado, xunto co navarro Manu Sainz, levan tres meses mobilizando a creatividade española en Londres. Conxuntamente impulsaron o Círculo Creativo London, unha rede social profesional que constitúe o único directorio de persoas españolas do sector residentes no Reino Unido. Se Londres sempre foi o destino... Máis información
- O Concello de Barreiros organiza o ciclo "Cinema e emigración", que se proxectará polas parroquias 14.01.2013 audio Deu comezo o pasado venres, organizado polo concello lucense coa colaboración do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Proxectaranse catro películas polas distintas parroquias do concello. O pasado venres 11 de xaneiro dou comezo en Barreiros o ciclo Cinema e emigración, que organiza este Concello da Mariña lucense. Está prevista a proxección... Máis información
- As persoas inmigrantes van adaptándose á gastronomía española 13.01.2013 audio Así se deixa ver no estudo "Hábitos Alimentarios de los Inmigrantes en España". O xantar como a comida máis forte do día, os pratos tradicionais e o pan son algunhas das variantes nos hábitos alimenticios españois aos que as e os inmigrantes parecen adaptarse sen dificultade, segundo o estudo Hábitos Alimentarios de los Inmigrantes en... Máis información
- Francisco Leiro volve á rúa 57 12.01.2013 audio O escultor cambadense presenta en Nova York a súa primeira exposición individual na cidade da Gran Mazá dende o 2003. O escultor Francisco Leiro (Cambados, 1957) inaugura exposición nunha das galerías máis importantes de Nova York, é dicir, do mundo, a sala Marlborough da rúa 57. En pleno corazón de Manhattan, a dous pasos de Central Park e da... Máis información
- A Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay elixiu a Héctor Álvarez como novo presidente da entidade 11.01.2013 audio Tiveron lugar as eleccións xerais na AEGU, nas que se designou o que será o seu noveno presidente, substituíndo no cargo a Jorge Expósito. O pasado mes de decembro levouse a cabo a elección de autoridades na Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay (AEGU), dando así cumprimento ao establecido nos Estatutos Sociais. Esta desenvolveuse nun... Máis información
- Comezaron con éxito os cursos de mecanografía e Word dirixidos a persoas inmigrantes que organiza a ONGD Ecos do Sur 10.01.2013 audio A entidade fai un chamamento a todas e todos aqueles que desexen colaborar como profesorado voluntario. Todos os luns e mércores do mes de xaneiro, a Bibilioteca Municipal do Castrillón (A Coruña) acolle o curso de Mecanografía e Word impartido pola ONGD Ecos do Sur, especialmente dirixido ao colectivo inmigrante. Un total de nove usuarios e... Máis información
- Benestar garante o seu apoio a Cáritas en 2013 para o mantemento de prazas desta entidade en Galicia 09.01.2013 audio A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reuniuse hoxe cos directivos e directivas das cinco dióceses de Cáritas en Galicia. En total, na lexislatura pasada achegáronse, a través de diferentes programas, preto de 3,5 millóns de euros. A responsable de Benestar avanzou que nos orzamentos para 2013 aumentará nun 38% a partida para a RISGA... Máis información
- Caballeros de Santiago, galardoada co Prêmio Medalha de Ouro à Qualidade do Brasil 08.01.2013 audio O premio co que foi distinguida a entidade galega de Salvador de Baía (Brasil) ten como obxectivo incentivar a mellora da calidade de produtos e servizos, servindo como parámetro de credibilidade, imaxe para as empresas no mercado nacional brasileiro. Recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e é concedido a empresas que se destacan nos seus... Máis información
Páxinas |









