Novas
Buscador
- Rueda destaca que a viaxe de Feijóo serviu para "estreitar lazos" con Cuba 10.12.2013 audio O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou onte que a viaxe do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a Cuba tiña cumprido co obxectivo previamente marcado de contactar cos galegos e as galegas residentes na illa caribeña e tamén de estreitar relacións co Goberno daquel país. O máximo mandatario autonómico concluíu o pasado domingo... Máis información
- O presidente da Xunta co Arcebispo de Santiago de Cuba, Monseñor Dionisio García Ibáñez 08.12.2013 audio O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse co Arcebispo de Santiago de Cuba e presidente da Conferencia episcopal de Cuba, Monseñor Dionisio García Ibáñez. Máis información
- Feijóo reúnese con Raúl Castro e transmítelle que “os case 40.000 galegos na illa son a principal razón para que Galicia se abra a Cuba e Cuba se abra a Galicia” 07.12.2013 audio Anima ás autoridades cubanas a continuar o proceso de actualización que teñen anunciado nos últimos anos e agradécelles o acordo alcanzado onte pola OMC que representa un avance neste senso. Traslada que os lazos históricos que unen a Galicia con Cuba fan que “dende logo a Comunidade galega non se sente allea ao futuro da illa, nin hoxe nin nunca... Máis información
- Feijóo asegura que todos os galegos e as galegas residentes en Cuba son un activo fundamental na estratexia de internacionalización da economía de Galicia 07.12.2013 audio O titular da Xunta mantivo onte pola tarde un encontro coa colectividade galega e doutras comunidades españolas residentes na Habana. “Galicia, hoxe máis que nunca, debe seguir mirando ao exterior e tratar de xerar riqueza a través da internacionalización das súas empresas e industrias”, recoñece; por iso “quere posicionarse para optar ás... Máis información
- Feijóo avoga pola coprodución como a mellor fórmula para que a industria audiovisual galega acade maior proxección internacional e xere sinerxías culturais con outros países 06.12.2013 audio O titular da Xunta presidiu hoxe na Habana a presentación da longametraxe de animación en 3D “Meñique”, unha coprodución cubano-galega. Asegura que esta película “é froito da colaboración e a integración de equipos humáns e tecnolóxicos de Cuba e Galicia”, e representa “unha excelente oportunidade” para posicionar de maneira vantaxosa a produción... Máis información
- Feijóo constata o interese das e dos emprendedores por aproveitar os vínculos históricos entre Galicia e Cuba para acompañar ao pobo cubano na súa vontade manifesta de desenvolvemento 06.12.2013 audio O titular da Xunta preside un encontro de traballo coa ‘Asociación de Empresarios Españoles en Cuba’ e a misión comercial galega desprazada estes días á Habana. Destaca que Cuba está a adoptar nos últimos tempos decisións económicas “nas que os empresarios galegos e españois poden participar” e destaca o carácter estratéxico do país para... Máis información
- Feijóo: “A nosa política social estaría incompleta se non priorizasemos as necesidades dos emigrantes galegos” 06.12.2013 audio O mandatario galego presidiu na Habana a presentación de dúas publicacións de temática galego-cubana. A atención dos residentes galegos e galegas en Cuba é o principal asunto a abordar coas e cos membros do Goberno cubano que lle teñen requirido un encontro ao longo da súa estancia na illa. O presidente da Xunta ve a unión das sociedades galegas... Máis información
- Feijóo subliña que a unión das 38 entidades galegas en Cuba permitirá redobrar os seus recursos e alcance para que o traballo sexa máis eficiente e se abra á poboación máis nova 05.12.2013 audio Resalta que, pese á crise, Galicia mantivo as axudas ás e aos emigrantes como parte esencial da política social, e que este ano chegaron a 7.000 familias galegas en Cuba. Salienta que a cooperación que deu orixe ás casas de galegos e galegas “volve ser o instrumento para que Galicia exista en Cuba”, a través dunha fusión de entidades que tamén se... Máis información
- Feijóo anima ás e aos emprendedores galegos a explorar vías de investimento en Cuba e alcanzar un fluxo económico que prolongue os intensos vínculos humanos que xa existen entre os dous territorios 05.12.2013 audio O titular da Xunta inaugurou na Habana o Foro empresarial Cubano-Galego. Afirma que España en xeral e Galicia en particular están pendentes dos desafíos que os novos tempos lle plantexan a Cuba e expresa o seu desexo de que o futuro que lle agarda non é sombrío senón venturoso. Destaca os eidos nos que a colaboración pode ser beneficiosa para... Máis información
- Feijóo viaxa a Cuba para encontrarse coa colectividade galega, afondar nos lazos históricos e culturais coa illa e procurar novas vías de proxección internacional da nosa economía 04.12.2013 audio O presidente da Xunta desenvolverá na Habana unha axenda de actos centrada no reforzo do apoio e da atención ás e aos 38.500 residentes galegos e galegas en Cuba. Presidirá a sinatura do acordo de unión entre 38 entidades galegas e cubanas, unión que representa a folla de ruta que a Xunta quere impulsar para garantir a supervivencia dos centros... Máis información
Páxinas |








