Novas
Buscador
- Descende en 2015 en máis de 1.700 o número de galegas e galegos emigrantes no exterior 17.03.2016 audio Segundo os últimos datos do INE, o padrón de galegas e galegos con residencia no estranxeiro aumenta en 9.870 persoas, pero este incremento é debido exclusivamente á nacionalización de cidadás e cidadáns españois adscritos a algunha provincia galega xa nados no estranxeiro. Os datos estatísticos galegos amosan unha tendencia contraria á do resto... Máis información
- Miranda remata a súa viaxe no Brasil asinando un novo convenio en favor das galegas e galegos residentes en Santos 11.03.2016 audio Presidiu asemade unha xuntanza entre as dúas entidades galegas con relevante presenza social na cidade brasileira. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, rematou a súa nova viaxe a Brasil coa sinatura dun novo convenio de colaboración entre o departamento que dirixe e a ‘Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de... Máis información
- Galicia e Salvador de Baía establecerán un marco de colaboración estable 10.03.2016 audio É o resultado máis destacado da xuntanza que mantiveron o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e mailo alcalde da cidade brasileira, Antonio de Magalhães Neto. Miranda entrevistouse ademais co director do Instituto Cervantes na capital baiana, e mesmo animou ao Galícia Sporte Clube no seu encontro da primeira división de... Máis información
- Miranda visita o ‘Centro Espanhol’ de Baía, onde exalta o esforzo e ilusión depositados polos pioneiros galegos e galegas no Brasil por manter a galeguidade entre as e os nados na diáspora 09.03.2016 audio O secretario xeral da Emigración recorda e gaba a presenza de mozas e mozos residentes no país nos programas ‘Conecta con Galicia’ e ‘Escolas Abertas’, cuxa convocatoria acaba de abrirse. Na súa terceira xornada en Brasil, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou aos socios e socias, e as novas instalacións, do ‘Centro... Máis información
- As entidades vinculadas á Galeguidade de Salvador de Baía coinciden na necesidade de coordinar accións de cara ao futuro 09.03.2016 audio Nunha xuntanza co secretario xeral da Emigración, Rodríguez Miranda instounas a afrontar con valentía os retos da Galeguidade do século XXI. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu en Salvador de Baía unha xuntanza coas colectividades vinculadas á Galeguidade e con presenza na cidade brasileira nos ámbitos cultural e... Máis información
- Miranda visita os socios e socias e instalacións do ‘Centro Recreativo Uniâo do Río Tea’ en Salvador de Baía 08.03.2016 audio Continuando a súa visita ás comunidades galegas con presenza no Brasil, con motivo de coñecer a actualidade e novidades da diáspora espallada no quinto país máis grande do mundo en extensión, Rodríguez Miranda achégase ata Salvador de Baía, onde visita aos socios e socias e as instalacións do ‘Centro Recreativo Uniâo do Rio Tea’, no Bairro Centro... Máis información
- Emigración asina un convenio de colaboración coa Sociedade ‘Rosalía de Castro’ de Sâo Paulo para atender ás galegas e aos galegos residentes na zona 08.03.2016 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cos e coas residentes na Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Sâo Paulo, moitas e moitos deles de orixe galega. Con esta institución asinou un convenio de colaboración coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socio asistenciais básicas das e dos... Máis información
- Miranda salienta a forza e unidade da Galeguidade en Uruguai, e anima a manter a ligazón con Galicia nas xeracións nadas na diáspora 07.03.2016 audio O secretario xeral da Emigración participou na Gran Romaría do Fogar Español de Montevideo, iniciativa solidaria para recadar fondos en favor do centro de maiores á que acode boa parte da colectividade residente na capital uruguaia. Viaxe hoxe ata Brasil, onde asina un convenio de colaboración coa Sociedade Rosalía de Castro de Sâo Paulo, e a... Máis información
- Emigración renova a convocatoria de axudas por emerxencia social, grazas ás que se palían situacións de extrema vulnerabilidade de galegas e galegos residentes no exterior 02.03.2016 audio Trátase dunha iniciativa que busca aliviar situacións perentorias de marxinación social ou graves dificultades económicas non cubertas por outra administración, ou mesmo garantir tratamento sanitario urxente e axeitado para as cidadás e os cidadáns galegos residentes na diáspora. A Secretaría Xeral da Emigración vén de facer públicas as axudas... Máis información
- Emigración aumenta un 50% as axudas para autoemprego e creación de empresas por parte de persoas emigrantes retornadas 01.03.2016 audio Impulsadas por estas axudas, cunha contía máxima que pode chegar a 8.000 euros, en 2015 puxéronse en marcha 23 novas actividades económicas. A iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración complementa, sen excluílas, as axudas doutros departamentos autonómicos, e doutras administracións, para autonómas e autónomos e persoas emprendedoras. O... Máis información
Páxinas |







