Miranda salienta a forza e unidade da Galeguidade en Uruguai, e anima a manter a ligazón con Galicia nas xeracións nadas na diáspora

O secretario xeral da Emigración participou na Gran Romaría do Fogar Español de Montevideo, iniciativa solidaria para recadar fondos en favor do centro de maiores á que acode boa parte da colectividade residente na capital uruguaia. 

Viaxe hoxe ata Brasil, onde asina un convenio de colaboración coa Sociedade Rosalía de Castro de Sâo Paulo, e a partir de mañá visita outras colectividades galegas no país carioca. 

 

  • O secretario xeral da Emigración, no Fogar Español
    O secretario xeral da Emigración, no Fogar Español
  • Miranda participou na Gran Romaría do Fogar Español de Montevideo, iniciativa solidaria para recadar fondos en favor do centro de maiores
    Miranda participou na Gran Romaría do Fogar Español de Montevideo, iniciativa solidaria para recadar fondos en favor do centro de maiores
  • Miranda participou na Gran Romaría do Fogar Español de Montevideo, iniciativa solidaria para recadar fondos en favor do centro de maiores
    Miranda participou na Gran Romaría do Fogar Español de Montevideo, iniciativa solidaria para recadar fondos en favor do centro de maiores
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2016.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na Gran Romaría do Fogar Español de Montevideo, importante celebración solidaria da Galeguidade no Uruguai, que reúne cada ano a milleiros de persoas, e que ten como obxectivo recadar fondos para esta institución de asistencia ás e aos maiores.

No evento, no que se dá cita unha parte moi considerable das galegas e galegos residentes na capital uruguaia, o secretario xeral da Emigración gabou a pegada histórica que a Galeguidade ten deixado, e deixa aínda agora, na República Oriental. “Escolas, rúas e apelidos con orixe galega, son só algunhas das probas vivas dese pasado que ligou para sempre ambas beiras do Atlántico”, asegurou Rodríguez Miranda, quen animou á Galeguidade presente no país a “facer medrar esa pegada con nova forza e cunha unidade, aínda maior e mellor, entre tódolos galegos presentes no país”.

O mandatario autonómico expuxo a súa esperanza de que esa forza e esa unidade “contribúan, como o teñen feito ata o momento, a garantir a transmisión da Galeguidade ás xeracións novas xa nadas na diáspora, de maneira que sirvan de altofalantes da beleza e modernidade desa terra de oportunidades que é a Galicia territorial”.

Programas para os novos e novas
Neste senso, o secretario xeral lembrou que, trala convocatoria anual de axudas individuais para os galegos e galegas en situación de maior vulnerabilidade, tamén vén de facerse pública a apertura do prazo para apuntarse nos programas especificamente deseñados para as segundas e terceiras xeracións de galegos e galegas na diáspora, tales como ‘Conecta con Galicia’ ou ‘Escolas Abertas’.

“Nestas iniciativas –lembrou Miranda- existe sempre unha importante presenza de rapaces e rapazas xa nados aquí, no Uruguai, pero que manteñen a súa vinculación e implicación persoais con Galicia como consecuencia directa do agarimo co que escoitan falar dela aos seus proxenitores e avós”.

Segundo os últimos datos publicados polo INE (Instituto Nacional de Estatística), residen arestora na República Oriental do Uruguai 40.505 galegas e galegos, dos que 31.614 (máis do 77%) naceron xa no Exterior. É dicir: case 8 de cada 10 persoas galegas no Uruguai naceron xa no país de destino dos seus pais e nais ou avós e avoas.

918 lecturas