Miranda visita os socios e socias e instalacións do ‘Centro Recreativo Uniâo do Río Tea’ en Salvador de Baía
- Miranda, durante a súa visita ao Centro Recreativo Uniâo do Rio Tea
- Miranda, durante a súa visita ao Centro Recreativo Uniâo do Rio Tea
- Miranda, durante a súa visita á Asociación Cultural Caballeros de Santiago
- Miranda, durante a súa visita á Asociación Cultural Caballeros de Santiago
- O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia mantivo unha xuntanza con representantes das asociacións vinculadas á galeguidade en Salvador de Baía
Continuando a súa visita ás comunidades galegas con presenza no Brasil, con motivo de coñecer a actualidade e novidades da diáspora espallada no quinto país máis grande do mundo en extensión, Rodríguez Miranda achégase ata Salvador de Baía, onde visita aos socios e socias e as instalacións do ‘Centro Recreativo Uniâo do Rio Tea’, no Bairro Centro, de Lauro de Freitas.
Fundado en 1974, o seu nome responde ao río que rega o concello de Ponteareas do que, xunto ao de Castro Caldelas, son orixinarios a maioría de galegas e galegos residentes en Baía. Posúe unha importante extensión de terreo, na que se reúne a colectividade galega para celebracións sinaladas, e conta cun local social en propiedade con salón de usos múltiples, auditorio, bar, piscina, campo de fútbol, cociña, unha pequena capela, e servizos de hostalaría.
Despois desta visita, Rodríguez Miranda preside a inauguración da “Sala Penedo” na sede da Asociación Cultural Cabaleiros de Santiago, en Rio Vermelho, na que visitará a persoas asociadas e as instalacións. Esta entidade, que se define a si mesma como ‘asociación cultural e filantrópica’, foi fundada por un grupo de dezaseis galegos que tiñan como principal obxectivo a difusión da cultura no estado de Baía.
Ten o recoñecemento oficial brasileiro de ‘utilidade pública’, e goza dun importante prestixio na sociedade baiana, especialmente nos ámbitos educativo, cultural e musical: o seu grupo folclórico desenvolve un importante traballo de proxección internacional. Conta cun local social de mil cincocentos metros cadrados en cinco andares, que abrangue sala de exposicións, de proxeccións, biblioteca, e unha sala para representacións teatrais.
Baía e Santos
Rodríguez Miranda continuará a súa viaxe por Brasil visitando aos socios e socias, e as novas instalacións, do ‘Centro Espanhol’ de Salvador de Baía. Despois, o secretario xeral da Emigración concluirá a súa viaxe á República Federativa na cidade de Santos, onde ademais de achegarse a coñecer de primeira man as inquedanzas e actualidade das persoas galegas residentes na zona, manterá unha xuntanza con membros das xuntas directivas da ‘Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro’ e do ‘Centro Espanhol e Repatriaçâo’ nesta localidade.
Novas relacionadas