Emigración asina un convenio de colaboración coa Sociedade ‘Rosalía de Castro’ de Sâo Paulo para atender ás galegas e aos galegos residentes na zona

  • Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, durante o seu encontro cos e coas residentes na Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Sâo Paulo
    Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, durante o seu encontro cos e coas residentes na Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Sâo Paulo
  • Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, durante o seu encontro cos e coas residentes na Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Sâo Paulo
    Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, durante o seu encontro cos e coas residentes na Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Sâo Paulo
  • Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, durante o seu encontro cos e coas residentes na Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Sâo Paulo
    Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, durante o seu encontro cos e coas residentes na Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Sâo Paulo
  • O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia visitou -tamén na capital paulista- a Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução de Sâo Paulo
    O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia visitou -tamén na capital paulista- a Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução de Sâo Paulo
  • Miranda, na Hispano Brasileira de Socorros Mútuos
    Miranda, na Hispano Brasileira de Socorros Mútuos
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2016.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cos e coas residentes na Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Sâo Paulo, moitas e moitos deles de orixe galega. Con esta institución asinou un convenio de colaboración coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socio asistenciais básicas das e dos cidadáns galegos residentes na zona, a través do Centro de Día que posúe a institución galaico brasileira, convenio que ten valor de doce mil euros.

As beneficiarias e beneficiarios do acordo serán as persoas maiores de orixe galega ou descendentes destas, ata o segundo grao de consanguinidade, con nacionalidade española e problemas derivados da dependencia.

Estipúlase no convenio que se proporcionará a estas persoas beneficiarias unha asistencia social individualizada, a través da figura dun traballador social, que exercerá as funcións de coordinador do servizo; atención alimenticia, a través de comedor subvencionado, axustándose ás necesidades dietéticas persoais, en coordinación co médico xeriatra e o nutricionista; asesoramento en saúde, a través dun servizo médico situado nas instalacións do centro; e atención integral, que incluirá a rehabilitación e estimulación física, cognitiva e relacional, charlas e conferencias sobre a saúde na persoa maior, servizo de dinámicas socioculturais, e xornadas médicas preventivas.

Despois de asinar o devandito acordo, Miranda visitou, aínda en Sâo Paulo, a Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, onde departiu cos socios e socias e xunta directiva da entidade, á que trasladou a intención de Galicia e o seu Goberno de seguir colaborando coas comunidades galegas do Exterior na atención aos galegos e galegas residentes na diáspora.

Vindeiras datas
O máximo mandatario autonómico en materia de Emigración desprázase hoxe martes ata Salvador de Bahía, onde visitará aos socios e socias e as instalacións do Centro Recreativo Uniâo do Rio Tea, no Bairro Centro, de Lauro de Freitas. Despois, presidirá a inauguración da “Sala Penedo” na sede da Asociación Cultural Cabaleiros de Santiago, en Rio Vermelho, na que visitará a persoas asociadas e as instalacións.

Xa mañá mércores, visitará as instalacións, e manterá un novo encontro con socias e socios, do Centro Espanhol, onde se reunirá coa xunta directiva e analizará, o mesmo que coas outras comunidades galegas presentes na cidade, a posibilidade de conxuntar accións para facer aínda máis sólida e forte a presenza da comunidade galega na zona, e traballar de maneira máis coordinada na defensa dos colectivos –especialmente anciás e anciáns- en situación de vulnerabilidade.

Segundo os últimos datos publicados polo INE (Instituto Nacional de Estatística), residen arestora na República Federativa do Brasil 46.217 galegas e galegos, das e dos que 32.745 (case o 71%) naceron na diáspora.

1146 lecturas