Novas
Buscador
- Feijóo defende a igualdade e a solidariedade como “as ferramentas máis útiles para articular a pluralidade de rexións e nacionalidades” do conxunto español 11.10.2013 audio O presidente da Xunta inaugurou en Sevilla o V Encontro de Casa Rexionais e Provinciais, que nesta edición ten Galicia como Autonomía homenaxeada. Salienta como “irrenunciable” a concepción de España como espazo “de xustiza e equilibrio” e avoga por que calquera reforma que se faga na “casa común” teña como bases “a igualdade e a solidariedade que... Máis información
- Feijóo apela ao ‘espírito de Angrois’ para subliñar que só desde a cooperación e a unidade, e rexeitando individualismos, poderemos emprender máis fortalecidos o camiño da recuperación 11.10.2013 audio O presidente da Xunta asistiu hoxe en Cádiz ao acto de entrega da Medalla da Cidade de San Fernando aos veciños e veciñas do barrio compostelán de Angrois, como recoñecemento ao seu labor tras o accidente de tren en Santiago no que faleceron cinco persoas orixinarias deste municipio e resultaron feridas outras dúas. Asegura que, a pesar de que “o... Máis información
- Miranda presenta en Sevilla a Área Expositiva de Galicia, comunidade á que se dedica o ‘V Encuentro de Casas Regionales y Provinciales de Andalucía’ 10.10.2013 audio O secretario xeral da Emigración anima á visita e ao investimento nunha Galicia “chamada a ser punta de lanza da recuperación económica”. Catas de produtos de calidade recoñecida do mar e da terra, material de promoción turística e do Xacobeo, e producións artesás, comparten 220 metros cadrados en pleno corazón da capital andaluza. O Presidente... Máis información
- Presentado en Santiago o libro “El pasadizo secreto. La última fuga”, de Manuel Losa, galego afincado en Uruguai 09.10.2013 audio No acto de posta de largo da obra estiveron presentes a cónsul uruguaia, o reitor da USC, a directora xeral do Patrimonio Cultural, e o secretario xeral da Emigración. O libro relata a historia dun adolescente na dura Compostela de posguerra, e das condicións vitais que conduciron a moitas e moitos galegos á diáspora. O Centro Cultural... Máis información
- Miranda recibe no Museo do Pobo Galego ás persoas participantes no programa ‘Reencontros na Terra 2013’ 09.10.2013 audio O secretario xeral asegurou no seu discurso de benvida que “a Galicia que estes días vos está sorprendendo é froito do traballo e sacrificio de todas e todos, dos que quedaron pero tamén do que vós fostes”. Mercé a esta iniciativa da Xunta, un total de 135 persoas maiores da diáspora retornan temporalmente á Galicia territorial. A primeira... Máis información
- Chegan a Galicia as cen primeiras persoas participantes no programa ‘Reencontros na Terra 2013’ 03.10.2013 audio Mercé a esta iniciativa da Xunta, un total de 135 persoas maiores da diáspora retornan temporalmente á Galicia territorial. A primeira quincena benefícianse dunha estadía en Panxón, e despois poden quedar coas e cos familiares ata un tempo máximo de tres meses. A inmensa maioría das e dos participantes proceden de Arxentina e Uruguai, países que... Máis información
- Miranda visita as ‘Xornadas de Galicia en Cataluña’, onde se promocionan os produtos autóctonos de calidade e a comunidade como destino turístico 28.09.2013 audio A Xunta colabora no evento organizado polas entidades galegas nesa Comunidade, 17 das cales foron pioneiras no proceso de unión. Canda o secretario xeral da Emigración, asistiron o alcalde Xavier Trias e representantes do ‘Parlament’, así como presidentes de entidades galegas en Cataluña e empresarias e empresarios de diversos sectores alí... Máis información
- Montoro resalta que Facenda facilitará o cumprimento das súas obrigas ás persoas pensionistas emigrantes retornadas 25.09.2013 audio A Axencia Tributaria reúnese con representantes do colectivo para informalos da súa situación e facilitar o pagamento de impostos. O ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, resaltou no Pleno do Senado que a Axencia Tributaria facilitará o pagamento das súas obrigas tributarias ao colectivo de persoas pensionistas... Máis información
- O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración participan no Día de Galicia en Asturias 15.09.2013 audio O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiron esta mañá á imposición das insignias de ouro da Asociación Día de Galicia en Asturias. Os premiados foron Agustín Iglesias, alcalde de Oviedo, e Miguel Carballeda, presidente da ONCE. No seu discruso, Rueda lembrou que este ano o día... Máis información
- Miranda asiste aos actos do ‘Día de Galicia en Asturias’, que inclúen unha homenaxe das e dos galegos alí residentes á Policía Científica pola súa colaboración no accidente de Angrois 13.09.2013 audio O secretario xeral da Emigración visita asemade estes días os centros galegos do Principado e participa nalgunhas das súas actividades. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asiste esta noite ao concerto da cantante galega Lucía Pérez –quen fora a representante española de Eurovisión hai dous anos- no Auditorio Príncipe... Máis información
Páxinas |