Novas
Buscador
- O Consello acorda o recoñecemento de comunidade galega para a asociación "Xuntanza de Galegos de Alcobendas" 24.05.2017 audio A entidade, que xa contaba co recoñecemento de centro colaborador, foi creada en 1988 e conta con 800 socias e socios. Con esta nova incorporación, están adscritas arestora ao Rexistro de Galeguidade un total de 176 entidades en España, Europa e América, das que 110 contan coa categoría de ‘comunidade galega’. O Consello da Xunta vén de acordar o... Máis información
- O Centro de Día da Hermandad Gallega de Valencia celebrou o 'Día da Nai' 24.05.2017 audio O Centro de Día da Hermandad Gallega de Valencia (Estado Carabobo - Venezuela) celebrou o 'Día da Nai' organizando para os seus e as súas maiores un xantar, ofrecéndolles un pequeno agasallo e, sobre todo, compartindo o seu tempo e festexando así este día especial para todas e todos eles. Fonte e fotos: Hermandad Gallega de Valencia Máis información
- MENSAXE DE CONDOLENCIA POLO ATENTADO DE MÁNCHESTER 23.05.2017 audio Nun novo día de loito internacional provocado pola barbarie gratuíta e arrepiante, a Galeguidade universal expresa o seu total rexeitamento a calquera tipo de violencia, e a súa fonda solidariedade coas vítimas do atentado de Mánchester, cidade na que se asentan moitos galegos e galegas, aos que quere transmitir o seu máis firme apoio nestes... Máis información
- Miranda louva o apoio á proxección e mellora da imaxe de Galicia que realizan os centros galegos en Castela e León 20.05.2017 audio O secretario xeral da Emigración preside hoxe os actos do XXIV Día de Galicia na comunidade veciña, organizado nesta ocasión polo Centro Galego de Miranda de Ebro. 300 persoas participan en diversas actividades lúdicas e culturais, nunha celebración que contou con importante presenza de conveciñas e conveciños casteláns. O secretario xeral de... Máis información
- Emigración renova o seu firme compromiso para atender as necesidades asistenciais das e dos maiores galegos en Domselaar e Mar del Plata 17.05.2017 audio O secretario xeral da Emigración asinou cadanseu acordo coas entidades galegas presentes nestas dúas localidades arxentinas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de asinar cadanseu acordo de colaboración co Fogar Galego para Anciáns de Bos Aires, e o Centro Galego de Mar del Plata, ambos na Arxentina, para contribuír á... Máis información
- Antonio Rodríguez Miranda, entrevistado no programa 'A tarde', da Radio Galega 16.05.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, foi entrevistado no programa A tarde que dirixe Cristina García na Radio Galega, e alí falou das 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior' que convoca o departamento que dirixe. Audio coa entrevista ao secretario xeral da Emigración (picar aquí) Máis información
- Miranda recibe ao primeiro grupo de escolares andorranas e andorranos que fan o Camiño de Santiago trala promoción que realiza o Centro Galego de Barcelona 15.05.2017 audio A iniciativa, que se estenderá a toda a comunidade educativa do Principado pirenaico, conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Este grupo pioneiro foi tamén recibido por autoridades relixiosas e locais. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu na Praza do Obradoiro ao primeiro dos grupos de escolares procedentes do... Máis información
- Miranda remata a súa viaxe a Brasil cun novo acordo en materia social que “quere devolver aos nosos maiores unha pequena parte de todo o que fixeron por Galicia” 12.05.2017 audio O secretario xeral da Emigración gaba en São Paulo “o esforzo e sacrificio exemplares daqueles que nunca esqueceron a súa terra, e sementaron a unidade e solidariedade na sociedade de acollida”. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, remata hoxe a súa nova viaxe a América na cidade brasileira de São Paulo, onde asina un... Máis información
- As xeracións nadas na diáspora “conforman unha parte fundamental do futuro de Galicia”, afirma Miranda no Brasil 11.05.2017 audio O secretario xeral da Emigración asegura en Sâo Paulo que as ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’ son un compromiso firme do Goberno galego para favorecer o retorno tamén das e dos que naceron no estranxeiro. O alto cargo asinou un acordo de colaboración en materia social coa sociedade ‘Rosalía de Castro’ de Santos. O secretario xeral da... Máis información
- Miranda sinala que as xeracións de galegas e galegos nados na diáspora son unha “importante vantaxe social, económica e demográfica” 10.05.2017 audio O secretario xeral da Emigración fixo estas declaracións durante a presentación das ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’ en Chile, sexto país onde se achega á mocidade para dalas a coñecer . O alto cargo asistiu asemade ao 125 aniversario da ‘Bomba España’, corpo de bombeiros chilenos fundado por emigrantes galegos e españois. O secretario xeral... Máis información
Páxinas |









