MENSAXE DE CONDOLENCIA POLO ATENTADO DE MÁNCHESTER

Mensaxe de condolencia polo atentado de Mánchester
Mensaxe de condolencia polo atentado de Mánchester
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2017.

Nun novo día de loito internacional provocado pola barbarie gratuíta e arrepiante, a Galeguidade universal expresa o seu total rexeitamento a calquera tipo de violencia, e a súa fonda solidariedade coas vítimas do atentado de Mánchester, cidade na que se asentan moitos galegos e galegas, aos que quere transmitir o seu máis firme apoio nestes momentos tan difíciles.

Pobo integrado e integrador, o galego sabe que o futuro constrúese sobre os piares do diálogo, o respecto, o acordo e o progreso. A intransixencia non poderá con nós. A violencia non vencerá.

1309 lecturas