Novas
Buscador
- Artigo do presidente da Xunta con motivo do Día de Galicia 25.07.2019 audio Galicia, camiño e destino En ocasións os poetas teñen unha especial lucidez para plasmar en forma literaria un estado de ánimo que ningún estudoso das dinámicas sociais é capaz de traducir. É o que sucede con aqueles versos amargos de Salvador García Bodaño nos que o noso bardo se queixa de que Galicia é un país “onde todo está por vir e non... Máis información
- Miranda entrega os diplomas ás e aos 63 docentes de disciplinas relacionadas coa cultura galega procedentes de oito países trala súa participación en “Escolas Abertas” 24.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta mañá o acto de entrega de diplomas das “Escolas Abertas” 2019, o programa do Goberno galego que este ano ofreceu a 63 docentes de oito países distintos actualizar e reforzar os seus coñecementos e técnicas pedagóxicas en diferentes disciplinas relacionadas coa cultura... Máis información
- Escolas Abertas leva a cultura máis tradicional de Galicia ao Pereiro de Aguiar de man de docentes das distintas disciplinas chegadas e chegados de oito países diferentes 23.07.2019 audio As beneficiarias e beneficiarios do programa da Secretaría Xeral da Emigración levan ao escenario situado na Praza do Concello os coñecementos adquiridos durante as últimas dúas semanas a través de especialistas nas materias. Antonio Rodríguez Miranda felicitou as e os 63 participantes na iniciativa do Goberno galego, a quen agradeceu a súa... Máis información
- Mozos e mozas da Galicia exterior percorren o último tramo do Camiño de Santiago 23.07.2019 audio Estiveron acompañadas e acompañados polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel; e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro. Uns 140 mozos e mozas de entre 15 e 20 anos da Galicia exterior... Máis información
- Miranda destaca o Centenario da Casa de Galicia en Cantabria como exemplo do “tesón, a constancia e a case infinita capacidade de traballo dos galegos” 22.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración foi o encargado de dar o pregón que abriron as Festas de Santiago, dando inicio á celebración dos cen anos de vida da entidade. O responsable do departamento autonómico, quen recibiu a insignia de ouro da entidade, subliña que “Galicia ten dous retos”: o demográfico, “para o que contamos cos miles de galegos... Máis información
- A Xunta duplica este ano o orzamento do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino, incluído na Estratexia Retorna 2020 21.07.2019 audio A convocatoria dispón dun orzamento de 1,7 millóns de euros, fronte aos algo máis de 850.000 euros do pasado ano. Ademais das liñas de apoio ao emprendemento, o Emega inclúe unha liña complementaria para apoiar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución que establece as bases do... Máis información
- Miranda pide na novena Xuntanza da Emigración de Vilanova ás e aos galegos do exterior e ás e aos retornados que non esquezan nunca que Galicia os agarda sempre cos brazos abertos 20.07.2019 audio O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, o secretario xeral da Emigración e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa Montenegro, presidiron o acto. A cita anual, organizada polo Concello e a Coordinadora Federal de Asociacións Galegas en Alemaña, congregou no pavillón multiusos máis dun milleiro de... Máis información
- Santiago de Compostela é a cidade elixida para a celebración do duodécimo pleno do Consello de Comunidades Galegas, que se converterá na capital da Galicia exterior en decembro 19.07.2019 audio A anterior convocatoria tivo lugar na Habana en maio de 2016. O evento reunirá as e os representantes das máis dun cento de entidades galegas que hai espalladas polo mundo durante os días 3 e 4. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asegurou sentirse “orgulloso de que a capital galega exerza de anfitrioa de todos os galegos... Máis información
- Miranda dá a benvida os 22 mozos e mozas de Venezuela que participarán na segunda quenda de 'Conecta con Galicia' no aeroporto da Coruña 18.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, achegouse este mediodía ao aeroporto de Alvedro para dar a benvida os 22 mozos galegos e galegas procedentes de Venezuela que van participar na segunda quenda de Conecta con Galicia. O programa do Goberno autonómico busca achegar as e os galegos de entre 15 e 20 anos residentes no... Máis información
- Feijóo anuncia o inicio da tramitación da nova Lei de Acción Exterior e Cooperación, que busca mellorar a proxección de Galicia e o máximo aproveitamento das potencialidades que se ofrecen no exterior 18.07.2019 audio Destaca que o Goberno galego continúa a executar as previsións de desenvolvemento lexislativo tramitando unha lei que “se adapta ao novo marco xurídico configurado por dúas leis estatais, a de acción Exterior do Estado e a de Tratados e outros acordos internacionais”. Sinala que o texto será sometido a exposición pública e será enviado e acordado... Máis información
Páxinas |








