Miranda pide na novena Xuntanza da Emigración de Vilanova ás e aos galegos do exterior e ás e aos retornados que non esquezan nunca que Galicia os agarda sempre cos brazos abertos

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, o secretario xeral da Emigración e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa Montenegro, presidiron o acto.

A cita anual, organizada polo Concello e a Coordinadora Federal de Asociacións Galegas en Alemaña, congregou no pavillón multiusos máis dun milleiro de persoas.

  • Imaxe da IXª Xuntanza da Emigración celebrada hoxe en Vilanova de Arousa
    Imaxe da IXª Xuntanza da Emigración celebrada hoxe en Vilanova de Arousa
  • Imaxe da IXª Xuntanza da Emigración celebrada hoxe en Vilanova de Arousa
    Imaxe da IXª Xuntanza da Emigración celebrada hoxe en Vilanova de Arousa
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2019.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa Montenegro, presidiron hoxe en Vilanova de Arousa a Xuntanza da Emigración, que acubillou o municipio arousán por segundo ano consecutivo. O acto, organizado polo Concello e a Coordinadora Federal de Asociacións Galegas en Alemaña, está a celebrar a súa novena edición, que congregou no pavillón municipal vilanovés máis dun milleiro de asistentes.

Entre eles destacaban as e os propios emigrantes, algunhas e algúns retornados e outras e outros residindo no exterior, e veciñas e veciños da zona, a quen Miranda pediu expresamente que “non esquezan nunca que Galicia os agarde sempre cos brazos abertos”. “Non importa a idade, a procedencia nin mesmo o lugar de nacemento, porque cando un é galego, éo en calquera circunstancia e en todo momento”, engadiu. O responsable do departamento autonómico invitou os galegos e galegas “que están atravesando situacións difíciles e a aqueles que queren vivir a experiencia de Galicia a regresar a súa terra de orixe, de xeito temporal ou permanente, para que poidan seguir a transmitir ese amor polas raíces galegas ao redor e ás xeracións vindeiras”:

O Camiño, o maior patrimonio inmaterial
O secretario xeral da Emigración quixo aproveitar, ademais, a presenza do titular de Cultura e Turismo para animar a todos os galegos e as galegas do mundo a converterse en embaixadores e embaixadoras e protagonistas do Camiño de Santiago. “O Xacobeo 2021 vai centrar a atención de centos de millóns de persoas, non só en Galicia, senón no mundo enteiro, en cuestión de meses, e temos que ser nós, os galegos, quen deamos o primeiro paso e saquemos máis peito do que posiblemente sexa o noso maior patrimonio inmaterial xunto coa nosa lingua”.  

172 lecturas