Miranda dá a benvida os 22 mozos e mozas de Venezuela que participarán na segunda quenda de 'Conecta con Galicia' no aeroporto da Coruña
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, achegouse este mediodía ao aeroporto de Alvedro para dar a benvida os 22 mozos galegos e galegas procedentes de Venezuela que van participar na segunda quenda de Conecta con Galicia. O programa do Goberno autonómico busca achegar as e os galegos de entre 15 e 20 anos residentes no exterior, nomeadamente en América, á súa terra de orixe para fortalecer os seus vínculos coa Galicia territorial. As rapazas e rapaces galegos do exterior, procedentes de Arxentina, O Uruguai, O Brasil, Venezuela e Cuba, convivirán con outras e outros tantos que viven na comunidade autónoma durante dez días, nos que percorrerán o Camiño de Santiago pola Vía da Prata e gozarán de actividades náuticas no albergue xuvenil de Gandarío.
Novas relacionadas




