Mozos e mozas da Galicia exterior percorren o último tramo do Camiño de Santiago

Estiveron acompañadas e acompañados polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel; e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.

  • Imaxe desta tarde, na Praza do Obradoiro, das mozas e mozos da segunda quenda do Conecta con Galicia 2019 da Xunta de Galicia
    Imaxe desta tarde, na Praza do Obradoiro, das mozas e mozos da segunda quenda do Conecta con Galicia 2019 da Xunta de Galicia
  • Imaxe desta tarde, en San Martiño Pinario, das mozas e mozos da segunda quenda do Conecta con Galicia 2019 da Xunta de Galicia
    Imaxe desta tarde, en San Martiño Pinario, das mozas e mozos da segunda quenda do Conecta con Galicia 2019 da Xunta de Galicia
  • Imaxe desta tarde, na Praza de Mazarelos, das mozas e mozos da segunda quenda do Conecta con Galicia 2019 da Xunta de Galicia
    Imaxe desta tarde, na Praza de Mazarelos, das mozas e mozos da segunda quenda do Conecta con Galicia 2019 da Xunta de Galicia
Chegada a Compostela dos/as participantes na 2ª quenda do Conecta con Galicia 2019
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2019.

Uns 140 mozos e mozas de entre 15 e 20 anos da Galicia exterior residentes en América e galegas e galegos residentes na comunidade autónoma percorreron esta tarde o último tramo do Camiño de Santiago no marco do programa “Conecta con Galicia”, posto en marcha pola Xunta para fortalecer os lazos que os unen á súa terra de orixe.

Durante o percorrido estiveron acompañadas e acompañados polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel; e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.

Este ano, sumando ás dúas quendas de xullo, estanse a beneficiar deste programa uns 270 mozos e mozas da Galicia exterior (procedentes de Arxentina, Uruguai, Brasil, Venezuela e Cuba), e da Galicia territorial. Durante dez días estes mozos e mozas conviven, percorren o Camiño de Santiago e participan en actividades de natureza e aire libre no albergue de Gandarío.

833 lecturas