Miranda entrega os diplomas ás e aos 63 docentes de disciplinas relacionadas coa cultura galega procedentes de oito países trala súa participación en “Escolas Abertas”

Imaxe da entrega de diplomas ás a aos participantes nas Escolas Abertas 2019 da Secretaría Xeral da Emigración
Imaxe da entrega de diplomas ás a aos participantes nas Escolas Abertas 2019 da Secretaría Xeral da Emigración
Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 24 de xullo de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta mañá o acto de entrega de diplomas das “Escolas Abertas” 2019, o programa do Goberno galego que este ano ofreceu a 63 docentes de oito países distintos actualizar e reforzar os seus coñecementos e técnicas pedagóxicas en diferentes disciplinas relacionadas coa cultura galega no exterior. As profesoras e profesores, chegados desde A Arxentina, O Uruguai, O Brasil, Venezuela, Cuba, Chile, México e outras comunidades autónomas de España, recibiron a acreditación de ter asistido ás sesións formativas que impartiron especialistas da Galicia territorial en cada unha das materias durante os últimos quince días na Residencia Docente de Ourense. Gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego foron as especialidades demandadas polas propias comunidades galegas que centraron o programa lectivo. 

En imaxes
431 lecturas