Preto de 20 mozas e mozos do exterior coñecen Galicia a través do Campo de Voluntariado 2019 de Portomarín

As e os participantes, que están a traballar no castro de Portomarín, reciben a visita dos responsables de Emigración e Xuventude da Xunta de Galicia.

A experiencia está a permitir ás e aos participantes mellorar o seu coñecemento sobre a historia, a cultura e a realidade social da súa terra de orixe ou da dos seus pais e nais.

  • Imaxe da visita este mediodía do secretario xeral da Emigración, a directora xeral de Xuventude e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo
    Imaxe da visita este mediodía do secretario xeral da Emigración, a directora xeral de Xuventude e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo

Listen to this page using ReadSpeaker
Portomarín (Lugo), 26 de agosto de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e polo delegado territorial, José Manuel Balseiro, visitou esta mañá aos mozos e mozas que están a participar no programa Campos de Voluntariado 2019, no castro de Castromaior, en Portomarín. 

Unha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, coa que, como lembrou Miranda, “buscamos achegar a realidade, a cultura e a historia de Galicia aos mozos galegos que residen no exterior, dos que depende o futuro da diáspora e o seu vínculo coa súa terra de orixe”. 

Neste marco, desde o pasado día 20 e ata o vindeiro mércores, este grupo formado por preto de 20 mozas e mozos de Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela están a realizar “actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos”. 

Concretamente, os labores de traballo de campo realízanos na posta en valor do castro de Portomarín, onde ademais levan a cabo visitas teatralizadas mediante as cales fomentan o coñecemento deste importante vestixio arqueolóxico entre os milleiros de peregrinos e peregrinas que percorren o Camiño Francés e que fan parada en Portomarín.

Así mesmo, polas tardes as rapazas e rapaces están a desenvolver un amplo abano de actividades, visitando lugares emblemáticos de toda Galicia como o casco vello de Santiago, a muralla romana de Lugo, ou as paisaxes únicas da Ribeira Sacra, entre outras.

Asemade, realizan actividades complementarias para facilitar a interrelación entre elas e eles e para coa contorna, tales como bogadas e outras actividades náuticas e deportivas en xeral, actividades de animación, charlas formativas, visitas a lugares e museos de interese antropolóxico, ou mesmo preparación compartida de menús gastronómicos orixinais dos países nos que residen.

Un centenar de mozas e mozos
Nos últimos anos, un centenar de mozas e mozos teñen participado xa nesta iniciativa, facilitando o seu contacto directo coa terra das súas familias e que, en moitas ocasións, senten como propia ao mesmo ou superior nivel dos países onde naceran. A iniciativa, para moitas e moitos deles, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

842 lecturas