Publicada a galería de imaxes das Escolas Abertas 2019, o programa de Emigración que espalla a cultura galega por todo o mundo
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2019.
O portal web da Secretaría Xeral da Emigración, GaliciaAberta - http://emigracion.xunta.gal, publica hoxe unha escolma de fotos das Escolas Abertas 2019, o programa do departamento de Emigración da Xunta de Galicia que forma cada ano en diversas disciplinas relacionadas coa nosa cultura a docentes das entidades galegas no exterior. Na presente edición os obradoiros de especialización impartidos foron os de gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego.
- Galería de imaxes: picar aquí para acceder
Novas relacionadas