A Secretaría Xeral da Emigración destina máis de 2,5 millóns ás Axudas Económicas Individuais

O departamento autonómico vén de resolver un programa co que beneficiou finalmente a 8.000 familias galegas, a maioría delas afincadas en Cuba e Venezuela.

A iniciativa permite, a través dun pagamento único, contribuír a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria destes fogares galegos con menos recursos.

Imaxe de arquivo en Maracay durante unha xornada de reforzo de solicitude de medicamentos para galegas e galegos residentes en Venezuela
Imaxe de arquivo en Maracay durante unha xornada de reforzo de solicitude de medicamentos para galegas e galegos residentes en Venezuela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2020.

A Secretaría Xeral da Emigración vén de adxudicar por máis de 2,5 millóns de euros o programa de Axudas Económicas Individuais. A iniciativa permite así chegar a 8.000 familias galegas. Todas elas recibirán un pagamento único, cuxa finalidade é contribuír a cubrir as súas necesidades máis básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.  

A convocatoria realizouse en réxime de concorrencia non competitiva, beneficiando principalmente ás familias galegas de Cuba (6.267) e Venezuela (1.637). O resto de apoios distribuíronse en fogares de Arxentina, Brasil, República Dominicana e Uruguai. 
 
Sete tipos de axuda en función das necesidades 
O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, foron, un ano máis, os criterios básicos de valoración. 

A convocatoria abrangue sete tipos de axuda. As primeiras son aquelas por unidade familiar en situación de precariedade; as segundas, por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante; as terceiras por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar; as cuartas por invalidez ou enfermidade permanente; as quintas por cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado; as sextas para as mulleres que sufran violencia de xénero; e as últimas para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.

En imaxes
251 lecturas