O DOG publica a convocatoria do programa “Reencontros de Lecer” da Secretaría Xeral da Emigración

A orde vai dirixida ás galegas e galegos pensionados maiores de 60 anos que residan desde hai máis de 10 anos nalgún país de Europa. 

Esta iniciativa permítelles regresar á súa terra durante unha semana. 

O prazo de presentación de solicitudes abrirase mañá e consta dun mes. 

O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 3 de agosto
O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 3 de agosto
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2020.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria da orde da Secretaría Xeral da Emigración de Reencontros de Lecer, un programa dirixido ás e aos emigrantes galegos ou os seus fillos e fillas maiores de 60 anos pensionados que residan desde hai alomenos 10 nun país de Europa. O programa cuxo prazo de solicitude se abrirá mañá e se prolongará ata o vindeiro 3 de agosto, busca permitirlles achegarse á súa terra a través dunha estancia dunha semana nun hotel balneario da comunidade autónoma, así como de diversas actividades.   

A orde establece un total de 150 prazas para os beneficiarios e beneficiarias do programa que, en función do número de solicitudes, se repartirá entre os países con maior presenza galega, como Alemaña, Suíza, Francia e o Reino Unido, para cada unha de cuxas colectividades se reservan 30 prazas, así como unha contía semellante para o conxunto do resto de países.

“A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa Reencontros de Lecer a través do cal, as persoas emigrantes galegas poidan viaxar a Galicia a custo reducido para estreitaren vínculos coa terra que os viu nacer e contribuír a mellorar a calidade de vida, saúde e benestar deste colectivo”. 

588 lecturas