Novas
Buscador
- A Secretaría Xeral da Emigración achega información práctica do retorno a Galicia para as e os preto de 150 beneficiarios das BEME aos seus respectivos países 03.09.2020 audio Ofrece desde hoxe, en colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia e as universidades galegas, unhas xornadas virtuais para os destinatarios e destinatarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior. Vicerreitores das tres universidades públicas galegas, representantes da Consellería de Sanidade e bolseiras e bolseiros de anteriores... Máis información
- O IGE avanza que en 2019 entraron en Galicia 17.747 persoas máis das que saíron, segundo a Explotación de Movementos Migratorios 31.08.2020 audio No ano pasado 46.600 persoas fixaron a súa nova residencia en Galicia, fronte ás 28.853 persoas que deixaron a comunidade autónoma. O saldo migratorio medrou un 43% sobre o ano anterior e é o maior desde 2008. As catro provincias galegas gañaron poboación grazas á migracións, xa que en todas elas as entradas superaron ás saídas. No ano 2019... Máis información
-
As persoas procedentes de zonas con alta incidencia epidemiolóxica da covid-19 deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias
27.08.2020
audio
Esta medida terá carácter obrigatorio para todas as persoas que proveñan ou estiveran nos últimos 14 días en zonas con alta incidencia epidemiolóxica, independentemente de que sexan residentes na Comunidade ou non.
O Consello da Xunta acordou que todas as persoas que cheguen a Galicia procedentes de territorios con alta incidencia epidemiolóxica...
Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración pospón a primeira edición de Reencontros de Lecer ata o vindeiro ano ante o agravamento da situación sanitaria en Europa por mor do coronavirus 24.08.2020 audio O programa está dirixido a galegas e galegos pensionados maiores de 60 anos que residan desde hai máis dunha década nalgún país do Vello Continente, e non participen nalgún programa do Imserso. A Secretaría Xeral da Emigración vén de pospor ata o vindeiro ano a primeira convocatoria de Reencontros de Lecer, o programa dirixido ás e aos emigrantes... Máis información
- A Xunta amplía en máis de 343.000 euros o orzamento do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino 21.08.2020 audio O investimento inicial na convocatoria deste ano era de 1,7 M€ e con esta ampliación, superará os 2 M€. O programa apoia a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresarias constituídas por mulleres e inclúe unha liña complementaria para apoiar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. A convocatoria deste ano... Máis información
- A Xunta convoca dúas novas prazas de persoal investigador distinguido a través do programa Oportunius 19.08.2020 audio A Axencia Galega de Innovación (Gain) vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a iniciativa, destinada a profesionais gañadoras ou gañadores de axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC). A través do Oportunius, que busca xerar, captar e reter talento investigador en Galicia, xa se teñen impulsado outros tres contratos, ademais de... Máis información
- A Aula GaliciaAberta da Secretaría Xeral da Emigración conclúe os seus obradorios con preto de 400.000 visualizacións 17.08.2020 audio A iniciativa buscaba manter a formación e divulgación da cultura galega en todo o mundo durante a crise do coronavirus. Os seminarios comezaron o luns 27 de abril e concluíron esta semana, sendo gratuítos e de libre acceso para todos os públicos. As sesións formativas abordaron inicialmente canto e pandeireta, percusión, gaita e baile, sumándose... Máis información
- A Xunta destina preto de 3,2M€ á nova convocatoria de préstamos directos para impulsar proxectos innovadores de pemes galegas 14.08.2020 audio A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar unha nova edición do programa de instrumentos financeiros innovadores vinculado á execución de proxectos de I+D+i (IFI Innova). Concederanse créditos de entre 50.000 e 500.000 euros con condicións financeiras vantaxosas. Están dirixidos especificamente a que micro, pequenas e medianas... Máis información
- A Xunta modifica os prazos de execución dos proxectos das beneficiarias do programa Emega debido á crise da covid-19 13.08.2020 audio O DOG publica hoxe os cambios na convocatoria de 2018 sobre o período mínimo de mantemento da actividade subvencionada, así como da duración dos contratos dos postos de traballo creados. O Goberno galego adaptou na orde deste ano os requisitos de acceso das solicitantes e reforzou a liña Activa destinada ás empresas que están a atravesar unha... Máis información
- Case 150 mozas e mozos do exterior cursarán os seus mestrados nas 3 universidades galegas grazas ás Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 12.08.2020 audio Arxentina, Venezuela, México, Uruguai e Reino Unido son os países cun maior número de beneficiarias e beneficiarios, dos que 59 cursarán os seus estudos na USC, 57 na Universidade de Vigo, e 31 na UDC. 23 mozas e mozos naceron en Galicia e volven agora á Comunidade a seguir os seus estudos universitarios, cumprindo así un dos obxectivos... Máis información
Páxinas |








