Novas
Buscador
- Miranda visita o Arquivo Diocesano de Santiago co que colabora Emigración para facilitar información sobre familiares dos Galegos do Exterior 06.07.2021 audio O convenio entre ambas institucións facilita que os solicitantes de información poidan atopar aos seus familiares ou documentación sobre os mesmos. Dende 2015 xestionáronse 13.812 solicitudes, das cales, 1.636 foron presentadas en 2020, sendo España, Cuba, Arxentina e USA os países de onde chegan máis cuestións. O Secretario Xeral da Emigración,... Máis información
- Emigración publica a lista definitiva dos 200 admitidos nas Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME) 06.07.2021 audio Ademais tamén publicou a lista dos 100 suplentes así como a os 170 excluídos por non completar a documentación requerida. Os beneficiarios que desexen obter a beca teñen ata o 5 de agosto para presentar o xustificante de matrícula nun dos mestrado que ofrecen as tres universidades galegas. A mediados de agosto publicarase unha nota informativa na... Máis información
- Miranda visita o Restaurante do Centro Galego de Vitoria onde xa están a usar o material de traballo enviado por Emigración co logo do Xacobeo 21-22 05.07.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o restaurante co que conta o Centro Galego de Vitoria e puido comprobar como os empregados do mesmo están xa a utilizar o material de traballo co logo do Xacobeo 21-22 que este departamento autonómico enviou as diferentes entidades galegas do exterior. Este envío permite dotar... Máis información
- Emigración convoca os Obradoiros para Entidades Galegas do Exterior reanudando as actividades presenciais e creando a modalidade telemática 05.07.2021 audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para a posta en marcha de talleres de folclore, artesanía, cociña e cultura galega. O programa, que conta cun orzamento de 150.000 euros, sufragará os gastos de realización na súa totalidade para apoiar aos centros tralas complicacións económicas provocadas pola pandemia. Haberá dúas modalidades,... Máis información
- Miranda asiste ao concerto de Carlos Núñez na Catedral de Santa María de Vitoria organizado polo Centro Galego desta localidade 04.07.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou onte á noite no concerto que ofreceu Carlos Núñez na Catedral de Santa María de Vitoria-Gasteiz, acto organizado polo Centro Galego desta localidade co gallo do Ano Santo Xacobeo. Esta actividade forma parte das diferentes iniciativas que a entidade alavesa vén de poñer... Máis información
- Miranda participa na apertura da Porta Santa da Catedral de Santa María de Vitoria promovida polo Centro Galego desta localidade 03.07.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe na apertura simbólica da Porta Santa da Catedral de Santa María de Vitoria, acto promovido polo Centro Galego desta localidade en colaboración co propio templo alavés e co gallo do Ano Santo Xacobeo. Posteriormente tivo lugar unha misa oficiada polo deán D. José Domingo... Máis información
- Emigración abre un novo portal en GaliciaAberta con informacion tributaria para residentes no exterior 02.07.2021 audio O novo enlace permitirá coñecer ás e aos residentes en 11 países de Europa e retornados a Galicia cuestións relativas ás rendas, aos estados de tributación, ás pensións así como aos impostos de sucesións, de rendas de non residentes e de patrimonio e bens no estranxeiro. Proximamente ampliarase con información relativa aos países americanos con... Máis información
- A Xunta convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 14 de xullo 02.07.2021 audio A reunión será a terceira que se celebra este ano e volverá a convocarse de xeito telemático, co obxectivode manter o contacto permanente ante as dificultades que está a xerar a actual pandemia. A reunión permitirá seguir a analizar a situación das comunidades galegas no mundo e coñecer o avance dos diversos proxectos relacionados co Xacobeo así... Máis información
- Emigración pon en marcha “Conecta co Xacobeo”, un programa destinado a que 200 persoas, vinculadas ás entidades galegas de Europa e España, percorran o Camiño de Santiago 01.07.2021 audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para persoas de entre 18 e 64 anos propostas polos centros galegos, de xeito que serva como pulo para estas entidades tralo parón da pandemia. O programa desenvolverase en dúas quendas, unha na segunda quincena de setembro e outra ao remate do primeiro grupo. As e os participantes percorrerán 100... Máis información
- O secretario xeral da Emigración recibe ao cónsul xeral da República Oriental do Uruguai, Ramiro Rodríguez Bausero, acompañado polo delegado da Xunta de Galicia en Uruguai, Alejandro López Dobarro 30.06.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta de Galicia no Uruguai, Alejandro López Dobarro, recibiu no seu despacho ao cónsul xeral da República Oriental do Uruguai, Ramiro Rodríguez Bausero. Na reunión analizaron a situación dos galegos e galegas tanto das e dos retornados dende este país a... Máis información
Páxinas |









