O restaurante da Casa de Galicia en Gipuzkoa promociona o Xacobeo 21-22
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021.
A Casa de Galicia en Gipuzkoa está a colaborar na promoción do Xacobeo 21-22 a través do material de traballo das e dos camareiros e cociñeiros do seu restaurante.
Deste xeito, o equipo que conforma o restaurante conta xa con gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo, enviado pola Secretaría Xeral da Emigración, co obxectivo de dar a coñecer e difundir entre as e os clientes e visitantes o Camiño de Santiago.
Novas relacionadas