Emigración publica a listaxe de admitidas e admitidos no programa “Conecta co Xacobeo”, destinado a que persoas vinculadas ás entidades galegas de Europa e España percorran o Camiño de Santiago

En total, participarán neste programa 97 galegas e galegos do exterior de entre 18 e 64 anos que se instalarán nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño durante unha semana.

As e os asistentes foron propostos polos centros galegos, de xeito que sirva como pulo para estas entidades tralo parón da pandemia.

As persoas participantes percorrerán 100 quilómetros do Camiño en diferentes etapas ata chegar a Santiago de Compostela.

As persoas participantes percorrerán 100 quilómetros do Camiño en diferentes etapas ata chegar a Santiago de Compostela
As persoas participantes percorrerán 100 quilómetros do Camiño en diferentes etapas ata chegar a Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe na súa páxina web a listaxe das  persoas admitidas no  programa de lecer “Conecta co Xacobeo”.

En total, beneficiaranse desta iniciativa un total de 97 galegas e galegos do exterior de España e Europa de entre 18 e 64 anos, que foron propostos polos diferentes centros galegos e que desfrutarán entre o 18 e o 26 de setembro do Camiño de Santiago.

As e os participantes instalaranse nas residencias de tempo libre de Panxón e do Carballiño, realizando os primeiros 100 quilómetros do Camiño Portugués pola Costa, e os segundos outros 100 quilómetros pola Vía da Prata. 

Deste xeito, desenvolverán de mañá durante os tres primeiros días de estancia tres tramos do camiño pola mañá, e pola tarde regresarán ás residencias para realizar actividades de lecer lúdico-culturais. O cuarto día visitarán a Ribeira Sacra, e as tres últimas xornadas dedicaranas, ao igual que as primeiras, a rematar as etapas ata chegar a Compostela. 

Esta iniciativa, que se desenvolve por primeira vez, ten coma obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas vinculadas ás entidades galegas que existen tanto no resto de comunidades autónomas de España como nos países europeos. “Deste xeito, non só se fomenta a súa participación no actual Ano Santo, senón tamén se lle da un pulo ás entidades e centros galegos, así como aos seus asociados, que sufriron numerosos peches e limitacións a causa da pandemia durante os últimos meses”, explicou Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración

Deste xeito, o departamento autonómico que dirixe Antonio Rodríguez Miranda, reinicia os programas de achegamento a Galicia dos galegos e galegas do exterior, centrándoos, nesta ocasión, no Ano Santo, e estendendo a participación ao continente europeo por mor da aplicación do control das medidas sanitarias marcadas pola pandemia da covid-19.

470 lecturas