Miranda recibe ao presidente do Centro Galego de Lisboa con quen analizou o interese do colectivo en Portugal polo Xacobeo 21-22

Miranda e Moreira, durante o encontro no despacho do secretario xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Miranda e Moreira, durante o encontro no despacho do secretario xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021.

O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho a Álvaro Moreira Muíños, presidente da Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, quen lle transmitiu o interese, cada vez máis elevado, da comunidade galega no país veciño polo Xacobeo 21-22.

Durante a reunión, Moreira trasladoulle ao secretario xeral o gran número de consultas que están a recibir na entidade demandado información para realizar o Camiño de Santiago así como sobre as actividades que o centro está a preparar para difundir e promocionar o Xacobeo a partir do próximo mes de setembro.

Neste encontro tamén se analizou a situación da colectividade galega en Portugal, retomando así o contacto persoal tras meses de traballo con esta entidade a través de videoconferencias debido á situación xerada pola pandemia da covid-19.

En Portugal residen actualmente un total de 4.661 cidadás e cidadáns galegos dos que 1.655 son nados en Galicia e, o resto, descendentes. 

551 lecturas