O Lar Gallego de Navarra promociona, a través do seu centro de restauración, o Xacobeo 21-22

Imaxe do Lar Gallego de Pamplona
Imaxe do Lar Gallego de Pamplona
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2021.

O Lar Gallego de Pamplona - Casa de Galicia en Navarra  está a colaborar na promoción do Xacobeo 21-22 a través do material de traballo das e dos camareiros e cociñeiros do seu restaurante.  

Deste xeito, o equipo humano co que conta o centro de restauración na Casa de Galicia conta xa con gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo, enviados pola Secretaría Xeral da Emigración, co obxectivo de dar a coñecer e difundir entre as e os clientes e visitantes o Camiño de Santiago. 

456 lecturas