Miranda analiza co secretario da Coordinadora Federal de Asociacións Galegas en Alemaña a situación das galegas e galegos no país teutón

Antonio Rodríguez Miranda e Albino Abal Núñez, durante a reunión na sede de Emigración na capital de Galicia
Antonio Rodríguez Miranda e Albino Abal Núñez, durante a reunión na sede de Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2021.

O secretario xeral da Emigración recibiu hoxe no seu despacho a Albino Abal Núñez, secretario da Coordinadora Federal de Asociacións Galegas en Alemaña, con quen analizou a situación actual das galegas e galegos no país teutón, en especial, a volta á normalidade das actividades dos diferentes centros e asociacións galegas, como en canto á situación da pandemia.

Na reunión, que permitiu seguir a manter o contacto xa de xeito presencial co representante desta colectividade en Alemaña, tratouse tamén a promoción do Camiño de Santiago entre as e os galegos residentes neste país, así como as distintas accións que neste senso se están a programar dende a Coordinadora Federal tanto de cara a este último semestre como para o primeiro de 2021.

580 lecturas