Novas
Buscador
- Remata o prazo para solicitar as axudas para familias galegas do exterior en situación de emerxencia social urxente 15.11.2021 audio Con estes apoios económicos búscase atender ás e aos residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica a causa da pandemia. A Secretaría Xeral da Emigración recorda que hoxe remata o prazo para solicitar as axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente especialmente... Máis información
- O Carballo de Conxo, un dos emblemas da historia contemporánea de Galicia, postúlase como Árbore Europea do 2022 14.11.2021 audio O organismo europeo Bosques sen Fronteiras está a promover o concurso para elixir a Árbore Europea 2022, nomeamento ao que se postula o Carballo de Conxo, un elemento vexetal sobranceiro de Santiago de Compostela que conta con máis de 260 anos de antigüidade e que se atopa situado ao sur da capital galega. A carón desta árbore centenaria paseou... Máis información
- Emigración colaborará coa Academia Galega do Audiovisual para difundir a cultura galega a través dos centros do exterior 13.11.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño, para difundir a cultura galega a través dos centros do exterior grazas a un ciclo de cine galego. Deste xeito, a colaboración da Secretaría coa Academia permitirá que os centros galegos que así o desexen... Máis información
- Emigración inicia a colaboración co Clúster Tecnolóxico das Ciencias da Vida para ofrecer máis oferta laboral a retornadas e retornados de alta cualificación profesional 12.11.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á subdirectora xeral do Retorno, Begoña Solís, mantiveron nas últimas horas unha reunión cos representantes de Bioga, o Clúster Técnolóxico e Empresarial das Ciencias da Vida, Dolores Pereiro e Julio Martínez, co obxectivo de analizar as vías de colaboración que deriven na posta... Máis información
- Emigración informa ás galegas e galegos retornados sobre os trámites necesarios para solicitar a pensión de xubilación 11.11.2021 audio A Secretaría Xeral da Emigración continúa coa publicación das súas pílulas informativas en relación aos principais documentos que se deben obter ao chegar a Galicia. Nesta ocasión, aportamos información sobre como tramitar a pensión de xubilación a través da Seguridade Social dependendo do país de retorno. Nesta pílula atópanse os datos básicos... Máis información
- Miranda comprometeuse a visitar á colectividade galega de Salvador de Baía tras reunirse co presidente do Galícia Esporte Clube 10.11.2021 audio O secretario xeral da Emigración recolleu a invitación de Manuel Muíños para asistir á inauguración das novas instalacións deportivas desta entidade. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá un encontro co presidente do Galicia Esporte Clube de Salvador de Bahía, Manuel Muíños, quen lle trasladou a invitación... Máis información
- Emigración entrega ao Lar Galego de Pamplona as compostelas acadadas polas e polos membros da entidade que participaron no programa “Conecta co Xacobeo” 09.11.2021 audio O secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, aproveitou a reunión que hoxe mantivo coa presidenta do centro, María Jesús Rodríguez, para trasladarlle a acreditación oficial de percorrer máis de cen quilómetros do Camiño de Santiago. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fixo entrega esta mañá, durante unha reunión coa... Máis información
- Emigración colaborará co Centro Galego de Tarragona na promoción do cine galego 08.11.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente do Centro Galego de Tarragona, José Lago, con quen analizou novas vías de colaboración en diversas actividades, destacando o interese de ambas institucións pola difusión e promoción do cine galego entre os asociados e asociadas desta entidade. O... Máis información
- O Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife remata o seu obradoiro de cociña coa entrega de diplomas ás e aos 21 participantes 07.11.2021 audio O Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife rematou recentemente o seu VIIº Obradoiro de Cociña Galega, realizado grazas á colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, coa entrega de diplomas ás e aos 21 participantes. O obradoiro realizouse na semana do 18 ao 22 de outubro, e posteriormente, o centro quixo realizar un peche de curso... Máis información
- Miranda sitúa as máis de 60 medidas da Estratexia Galicia Retorna como mostra do compromiso do Goberno galego no acompañamento ás e aos retornados 06.11.2021 audio O secretario xeral da Emigración participou, xunto á delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, nun acto sobre as diásporas de ida e volta que organizou en Vigo a Federación de Venezolanos de Galicia, Fevega. O responsable da Secretaría Xeral destacou que a presenza dos retornados e retornadas permite dotar a Galicia dos mellores recursos... Máis información
Páxinas |









