Emigración informa ás galegas e galegos retornados sobre os trámites necesarios para solicitar a pensión de xubilación

A novena das 'Pílulas do Retorno' trata sobre a pensión de xubilación para as e os emigrantes que retornan despois de traballar no estranxeiro
A novena das "Pílulas do Retorno" trata sobre a pensión de xubilación para as e os emigrantes que retornan despois de traballar no estranxeiro
Vídeo informativo sobre a pensión de xubilación
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración continúa coa publicación das súas pílulas informativas en relación aos principais documentos que se deben obter ao chegar a Galicia. Nesta ocasión, aportamos información sobre como tramitar a pensión de xubilación a través da Seguridade Social dependendo do país de retorno.

Nesta pílula atópanse os datos básicos sobre as peculiaridades segundo o país no que se traballara e a documentación necesaria que debe ser presentada. Para máis información, poden dirixirse a calquera das cinco oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno (situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Tamén poden enviar un correo electrónico a retorno.emigracion@xunta.gal.

372 lecturas