Emigración inicia a colaboración co Clúster Tecnolóxico das Ciencias da Vida para ofrecer máis oferta laboral a retornadas e retornados de alta cualificación profesional

Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración
Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á subdirectora xeral do Retorno, Begoña Solís, mantiveron nas últimas horas unha reunión cos representantes de Bioga, o Clúster Técnolóxico e Empresarial das Ciencias da Vida, Dolores Pereiro e Julio Martínez, co obxectivo de analizar as vías de colaboración que deriven na posta en marcha dunha rede de oferta laboral a retornadas e retornados de alta cualificación profesional, entre outras iniciativas.

Un dos obxectivos sería ofrecer opcións de emprego no sector biotecnolóxico tanto para que as e os profesionais retornados puideran atopar un posto laboral nunha empresa punteira deste sector, como para ofrecer ás empresas perfís profesionais axeitados que permitan impulsar a competitividade do tecido empresarial galego. Bioga conta cunha carteira de máis de 75 empresas dedicadas ao sector en Galicia.

280 lecturas