Emigración entrega ao Lar Galego de Pamplona as compostelas acadadas polas e polos membros da entidade que participaron no programa “Conecta co Xacobeo”
O secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, aproveitou a reunión que hoxe mantivo coa presidenta do centro, María Jesús Rodríguez, para trasladarlle a acreditación oficial de percorrer máis de cen quilómetros do Camiño de Santiago.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fixo entrega esta mañá, durante unha reunión coa presidenta do Lar Galego de Pamplona, das compostelas obtidas polas e polos membros da entidade que participaron no recente programa deste departamento autonómico “Conecta co Xacobeo”.
María Jesús Rodríguez agradeceu o pulo que, a través desta iniciativa, lle ofreceu a Secretaría Xeral da Emigración aos centros galegos do exterior que tiveron que pechar as súas portas durante o 2020, e que en setembro de este ano puideron facilitar ao seu colectivo a oportunidade de realizar cen quilómetros da Vía da Prata ou do Camiño Portugués, a través deste programa de retorno a Galicia.
A través do “Conecta co Xacobeo” preto de cen galegas e galegos dos diferentes centros da colectividade de España e Europa puideron percorrer estes dous camiños de Santiago, converténdose así en prescritores de xeito que axuden a difundir o Ano Santo Xacobeo 21·22 no exterior.
Novas relacionadas




