Emigración colaborará coa Academia Galega do Audiovisual para difundir a cultura galega a través dos centros do exterior

Miranda e Mariño, na reunión celebrada na sede da SXE
Miranda e Mariño, na reunión celebrada na sede da SXE
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño, para difundir a cultura galega a través dos centros do exterior grazas a un ciclo de cine galego.

Deste xeito, a colaboración da Secretaría coa Academia permitirá que os centros galegos que así o desexen poidan colaborar na difusión do audiovisual feito en Galicia para promocionalo tanto entre as e os seus asociados como entre os propios cidadáns e cidadás dos lugares onde se atopen as entidades. 

645 lecturas