Emigración colaborará co Centro Galego de Tarragona na promoción do cine galego

Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE en Santiago de Compostela
Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente do Centro Galego de Tarragona, José Lago, con quen analizou novas vías de colaboración en diversas actividades, destacando o interese de ambas institucións pola difusión e promoción do cine galego entre os asociados e asociadas desta entidade.

O obxectivo desta colaboración é poder ofrecer, tanto a socias e socios e as e os seus familiares, como a toda a veciñanza de Tarragona, a oportunidade de desfrutar e coñecer o audiovisual galego dos últimos anos. Ademais, durante o encontro tamén se analizaron temas relativos a novas actividades de difusión e promoción do Camiño de Santiago durante o que queda deste 2021 e o 2022.

227 lecturas