A Secretaría Xeral da Emigración explicou as súas medidas de apoio ao retorno para as e os galegos residentes no Reino Unido nunha xornada informativa organizada pola Consejería de Trabajo nese país

Imaxe do webinario no que participou a subdirectora xeral do Retorno da SXE
Imaxe do webinario no que participou a subdirectora xeral do Retorno da SXE
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2022.

A subdirectora xeral do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, Begoña Solís, participou esta mañá nun webinario sobre os desafíos aos que se están enfrontando as e os cidadáns españois no Reino Unido tralo brexit á hora de retornar a España, organizado pola Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social en el Reino Unido, no que tamén participaron outras comunidades autónomas.

Neste contexto, Begoña Solís recordou que a Xunta de Galicia ten en marcha, dende 2018, unha Estratexia Galicia Retorna baseada no apoio ao retorno de galegas e galegos do exterior e das e dos seus descendentes á comunidade, con máis de 60 medidas de apoio directas. Trala implantación do brexit, a Secretaría Xeral da Emigración está a dar asesoramento e información de xeito continuo ás e aos galegos residentes no Reino Unido. O Portal Retorna da Secretaría Xeral da Emigración atópase nesta ligazón.

348 lecturas