Emigración destina 12.000€ á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo para a atención de necesidades asistenciais básicas das e dos galegos

Esta axuda ten como obxectivo contribuír ao financiamento para a asistencia ás persoas galegas acollidas no seu centro de día.

Imaxe de arquivo dunha visita do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a esta entidade galega da capital paulista
Imaxe de arquivo dunha visita do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a esta entidade galega da capital paulista
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2022.

A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun convenio de colaboración, 12.000 euros para a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo de cara a axudar na atención das necesidades básicas aos galegos e galegas residentes nesta populosa localidade brasileira acollidos no seu centro de día. 

Esta entidade sen ánimo de lucro posúe, dende 1983, un centro de asistencia social que ten como finalidade promover o apoio socio asistencial e de acollida para persoas maiores e dependentes a través da súa atención integral con carácter de servizos preventivos, de saúde e asistenciais, para procurar unha lonxevidade saudable. Entre as súas actividades primordiais, atópase a prestación de atención social á colectividade de emigrantes galegos e galegas e descendentes que se atopen nunha situación de necesidade, na súa maior parte debido ás circunstancias socioeconómicas nas que viven, contando cuns 20 usuarios galegos e galegas.

A Secretaría Xeral da Emigración estima que é necesario colaborar con esta institución posto que é a única entidade en São Paulo que presta este tipo de servizos á comunidade galega.

262 lecturas