Novas
Buscador
- Emigración publica unha selección das fotografías do acto de entrega dos diplomas ás bolseiras e bolseiros beneficiarios da 5ª edición das BEME 27.06.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración publica unha selección das mellores fotografías realizadas durante o acto de entrega dos diplomas da concesión ás bolseiras e bolseiros beneficiarios da quinta promoción das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME. O acto celebrouse o pasado 17 de xuño no edificio Fontán da Cidade da Cultura, presidido polo... Máis información
- Miranda participou nunha mesa redonda sobre os centros galegos de América dentro das XV Xornadas “Abrindo Camiño” de Mondoñedo 26.06.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na tarde de onte nunha mesa redonda sobre os centros galegos de América dentro das XV Xornadas “Abrindo Camiño” celebradas en Mondoñedo. Neste encontro tamén se debateu sobre as tradicións das peregrinacións xacobeas nese continente, destacando o secretario xeral o importante... Máis información
- Emigración comparte un novo episodio do podcasting mensual “Galicia é Migrante” en colaboración coa Fundación Luis Seoane 25.06.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración presenta un novo episodio do podcast que realiza a Fundación Luis Seoane, “Galicia é Migrante”, que permite ofrecer información tanto sobre as galegas e galegos do exterior como sobre as e os novos galegos chegados doutros países do mundo, aportando entrevistas, actualidade e humor. No novo programa, o locutor... Máis información
- O especial “Historias de ida e volta” de xuño destaca o legado educativo do emigrante filántropo Pedro Murias 24.06.2022 audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. A entrega de xuño do especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura... Máis información
- A proxección do documental “Welcome to ma maison”, dentro do Ciclo Mestre Mateo, chega esta semana a seis centros galegos do exterior 23.06.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración lembra que o filme protagonista do mes de xuño do ciclo de proxeccións Mestre Mateo, Welcome to ma maison, poderase desfrutar este mesmo xoves no Lar Gallego de Sevilla e, o próximo sábado 25, na Asociación Cultural Galega de Berlín Son, no Centro Galego de Tarragona, no Centro Gallego de Montevideo, na Hermandad... Máis información
- Emigración convoca o programa “Reencontros co Xacobeo” para 205 galegas e galegos do exterior, vinculados ás entidades de España, Europa e América 22.06.2022 audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegas e galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo Xacobeo. Este ano recupérase a convocatoria para as persoas dos centros galegos de América. O programa desenvolverase na primeira quincena de outubro, realizando pequenas... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración explicou as súas medidas de apoio ao retorno para as e os galegos residentes no Reino Unido nunha xornada informativa organizada pola Consejería de Trabajo nese país 22.06.2022 audio A subdirectora xeral do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, Begoña Solís, participou esta mañá nun webinario sobre os desafíos aos que se están enfrontando as e os cidadáns españois no Reino Unido tralo brexit á hora de retornar a España, organizado pola Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social en el Reino Unido, no que tamén... Máis información
- Miranda informa ás entidades galegas do exterior sobre a nova convocatoria do programa “Conecta co Xacobeo” 21.06.2022 audio O programa está dirixido a galegas e galegos do exterior entre 18 e 64 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. O secretario xeral da Emigración recordou a recuperación da convocatoria para as persoas dos centros galegos de América. O secretario xeral da Emigración informou hoxe ás diferentes entidades... Máis información
- Emigración destina 12.000€ á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo para a atención de necesidades asistenciais básicas das e dos galegos 20.06.2022 audio Esta axuda ten como obxectivo contribuír ao financiamento para a asistencia ás persoas galegas acollidas no seu centro de día. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun convenio de colaboración, 12.000 euros para a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo de cara a axudar na atención das necesidades básicas aos galegos e... Máis información
- O Club Galicia de Bonn celebra o Ano Santo cunha camiñada de 10 quilómetros 20.06.2022 audio O Club Galicia de Bonn organizou unha camiñada de dez quilómetros que saíu dende a emblemática Catedral de Bonn seguindo as cunchas do Camiño de Santiago que percorren parte do tramo que circula por esta cidade do estado xermano de Renania do Norte-Westfalia. Ao final do traxecto houbo un reparto de camisetas entre os socios e socias do Club... Máis información
Páxinas |









