O Centro Galego de Alacante actúa no Concello de Beariz (Ourense) con motivo do VI Día da Galicia Exterior

Listen to this page using ReadSpeaker
Beariz (Ourense), 9 de agosto de 2022.

Os 13 membros do grupo musical de gaitas “Os Castros”, pertencentes ao Centro Galego de Alacante, actuaron a derradeira fin de semana de xullo no concello de Beariz (Ourense) para continuar festexando e rememorando o VI Día da Galicia Exterior que tivo lugar o 9 de xullo en Santiago de Compostela e que reuniu a máis dun milleiro de galegos de todo o mundo para celebrar o Ano Santo Xacobeo.

Nesta xornada de confraternidade participaron 31 agrupacións culturais dos centros galegos do exterior. Destas asociacións, algunhas delas continúan a súa estancia na comunidade, como é o caso do Centro Galego de Alacante, para seguir compartindo a música e a tradición galega polas distintas vilas de Galicia.

264 lecturas