Miranda agradeceu ao Presidente do Lar Gallego de Chile a participación da súa entidade no Día da Galicia Exterior e a actuación da agrupación en varias vilas galegas

  • Miranda agradeceu ao Presidente do Lar Gallego de Chile a participación da súa entidade no Día da Galicia Exterior e a actuación da agrupación en varias vilas galegas

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente do Lar Gallego de Chile, Ricardo González Méndez, ao que agradeceu a participación da súa entidade no Día da Galicia Exterior e a posterior actuación da agrupación en varias vilas galegas.

A agrupación, “Corporación Lar Gallego de Chile”, realizou actuacións durante o pasado mes de xullo nos concellos ourensáns de A Peroxa, Celanova, Ourense e A Mezquita.

Esta entidade conta con 225 socios, e foi fundado en 1967. As súas instalacións atópanse no Estadio Español e contan con dous grupos folclóricos: Beira do Mar e Terra Meiga, así como tres escolas (de baile, canto e gaita) e dous clubes deportivos, un de fútbol e outro de basketball. En Chile residen actualmente mais de 4.400 galegos dos cales 611 naceron en Galicia, e o resto son descendentes.

Con actuacións como estas, Galicia tivo a oportunidade de coñecer a cultura galega feita desde o exterior.

193 lecturas