Emigración participa na Estrada na Entrega dos Premios Alecrín 2022 organizada pola Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya

  • Emigración participa na Estrada na Entrega dos Premios Alecrín 2022 organizada pola Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya

Listen to this page using ReadSpeaker
A Estrada (Pontevedra), 10 de agosto de 2022.

A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, participou hoxe no acto de entrega dos premios Alecrín 2022, que organiza a Federación de entidades culturais galegas de Catalunya e que se desenvolveu no Teatro Principal da Estrada. No acto estiveron presentes o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o presidente de FEGALCAT e da Asociación Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona e provincia, Domingo Balboa Amor, así como o propio alcalde da Estrada, José López Campos.

Entre os premios entregados destaca o outorgado á escritora local Rosalía Morlán; ao programa da TVG “Dígocho Eu”; ao grupo de baile tradicional galego Tequexetéldere; e ao humorista José Manuel Rodríguez Puente, “Isi”. Tamén recibiron esta homenaxe o xornalista Martín Fernández Vizoso;  a escritora Regina Vega polo seu traballo de investigación sobre a obra de Álvaro Cunqueiro e Nordesía Producións polo fomento da diversidade cultural.  No eido da arte, recoñeceuse a Ramiro Cimadevila e no ámbito de Emigración recibiu o Alecrín José María Vila Alén, ex-presidente do Centro Galicia de Bos Aires. Finalmente levouse a cabo o nomeamento como “Socio de Honra” a José Ares, ex-presidente de Toxos e Xestas de Barcelona e a Eduardo Méndez, ex presidente da A.C.G. Saudade. Por outra banda, tamén se fixo entrega da medalla de Ouro de FEGALCAT a título póstumo a Mónica González López.

322 lecturas