Publicada a Listaxe Definitiva das BECAS BEME para o vindeiro curso ás que accederán mozos e mozas retornados de 19 países
Arxentina, Uruguai, Venezuela, Cuba, Brasil e Reino Unido son os países cun maior número de beneficiarios, dos que 102 cursarán os seus estudos na Universidade de Vigo, 80 na Universidade de Santiago e 59 na Universidade de A Coruña.
Coa convocatoria destas 250 prazas, a Secretaría Xeral da Emigración busca fomentar o retorno dos mozos e mozas de orixe galego.
A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe a listaxe dos mozos e mozas do exterior que cursarán os seus másters nalgunha das tres universidades galegas grazas a nova convocatoria das Bolsas Excelencia Xuventude Exterior - BEME, o programa da Secretaría Xeral da Emigración que suma así a súa quinta edición, na procura de fomentar o retorno da xuventude galega no exterior.
Entre os datos que se desprenden dos beneficiarios, este curso 2022/23, accederán aos másters mozos e mozas retornados de 19 países, tendo unha maior presenza os procedentes de Arxentina, Venezuela, Uruguai, Brasil e Reino Unido; cursando 102 alumnos e alumnas na Universidade de Vigo, 80 na Universidade de Santiago e 59 na Universidade de A Coruña.
En total, estes mozos realizaron a solicitude nun dos máis de 70 másters que se engloban na oferta educativa das tres universidades públicas galegas.
Novas relacionadas