Miranda animou ao Centro Galego de Lucerna a seguir coas súas actividades trala remodelación das súas instalacións coa axuda da Secretaría Xeral da Emigración

  • Miranda animou ao Centro Galego de Lucerna a seguir coas súas actividades trala remodelación das súas instalacións coa axuda da Secretaría Xeral da Emigración
    Miranda animou ao Centro Galego de Lucerna a seguir coas súas actividades trala remodelación das súas instalacións coa axuda da Secretaría Xeral da Emigración
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2022.

O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho a Carlos Canosa, ex-presidente e actual directivo do Centro Galego de Lucerna, quen lle explicou as obras de reforma acometidas coa axuda da Secretaría Xeral da Emigración despois de ter sufrido un incendio na súa área de restauración o pasado Nadal.

Por outra banda, tamén repasaron xuntos a situación actual dos galegos neste cantón suízo, comprometéndose o secretario xeral a realizar una próxima visita a este centro galego co obxectivo de coñecer o resultado da reforma do seu restaurante. Finalmente, analizáronse a maiores as actividades culturais previstas por esta entidade para os próximos meses.

246 lecturas