Emigración recibe ao vocal do Centro Galego de Lisboa tras finalizar o Camiño de Santiago Portugués en monociclo

  • Emigración recibe ao vogal do Centro Galego de Lisboa tras finalizar o Camiño de Santiago Portugués en monociclo
    Emigración recibe ao vogal do Centro Galego de Lisboa tras finalizar o Camiño de Santiago Portugués en monociclo

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2022.

A subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, recibiu na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela ao vogal do Centro Galego de Lisboa, André Pires, que realizou o Camiño de Santiago portugués pola costa dende Vila do Conde en monociclo. A esta recepción tamén asistiu o xefe de área de Cultura Xacobea, Francisco Singul, así como os membros da Xunta Directiva de Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, Francisco Guisado, Xoán Vázquez e Carlos Cuaresma.

O Camiño de Santiago portugués é a segunda ruta que máis afluencia ten, cun total de 34.247 peregrinos en 2021, superado só polo Camiño Francés, con 98.090. De igual xeito, Portugal é o país de orixe que máis peregrinos atraeu o ano pasado, seguido de Italia e Alemaña.

615 lecturas